Illas Salomón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Solomon Islands

Illas Salomón

Bandeira das Illas Salomón Escudo das Illas Salomón
Bandeira Escudo
Lema: To Lead is to Serve

(Galego; Mandar é servir)

Himno nacional: God Save Our Solomon Islands
 
LocationSolomonIslands.png
 
Capital
 • Poboación
Honiara
43.643 (2003 est.)
Cidade máis poboada Honiara
Linguas oficiais
Inglés e aproximadamente 87 linguas nativas
Forma de goberno Monarquía constitucional
Isabel II

Nathaniel Waena

Manasseh Sogavare

Independencia
Do Reino Unido

7 de xullo 1978

Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 152º
28.450 km²
3,2
km
km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 166º
552.438 (2006)
17 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (200)
 • PIB per cápita
Posto 198º
US$ 800 millóns
US$ 1.700 ([2002])
IDH 0.592 (128º)
Moeda Dólar das Illas Salomón¹ (SBD)
Xentilicio salomonense/a
Fuso horario UTC 11
Dominio de Internet .sb
Prefixo telefónico +677
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO 090 SLB SB
Membro de: ONU, Commonwealth

¹ Substitúe desde 1975 ao Dólar australiano (AUD).

² É falado por só o 2% da poboación.

Tódolos países do mundo

Illas Salomón (inglés: Solomon Islands), é un país de Oceanía que forma parte da Mancomunidade Británica de Nacións. O seu territorio está formado por máis de 990 illas pertencentes á Melanesia, situadas ao leste de Papúa Nova Guinea.

Historia[editar | editar a fonte]

O Reino Unido estableceu un protectorado sobre as illas na década de 1890. Previamente foran exploradas no século XVI polo mariño español Álvaro de Mendaña.

Este territorio foi escenario dalgunhas das máis intensas batallas na Segunda Guerra Mundial; destacándose a batalla de Guadalcanal.

O autogoberno foi establecido en 1976 e a independencia logrouse o 7 de xullo de 1978. A consecuente revolta civil levou a un paro case total da actividade normal: os operarios públicos sufriron atrasos no cobro dos salarios durante meses, e as reunións do goberno tiveron que ser realizadas en segredo para impedir a interferencia dos señores da guerra locais. As forzas de seguridade foron incapaces de restaurar o control, en gran medida porque moitos dos membros da policía e doutras forzas de seguridade están asociados a un ou outro dos grupos rivais.

En xullo de 2003 o Gobernador Xeral das Illas Salomón lanzou un chamamento oficial de axuda á comunidade internacional, que foi despois apoiado polo goberno. Un continxente de seguridade internacional de 2.200 policías e militares, liderado por Australia e Nova Zelandia, que ademais integraba representantes doutras 20 nacións do Pacífico, comezou a chegar o mes seguinte, no que foi coñecida como Operación Helpem Fren. A contribución australiana é coñecida como Operación Ánodo.

Véxase tamén: Guadalcanal, Illas Salomón.

Política[editar | editar a fonte]

Illas Salomón é unha monarquía parlamentaria. Algúns dos problemas que ten o país son a corrupción, o déficit gobernamental, deforestación e control da malaria.

Os exploradores e os misioneiros que visitaron as Illas Salomón desde o século XVI en diante, foron rexeitados polas poboacións hostís e caníbales co resultado que o arquipélago foi colonizado cerca do final do século XIX, cando se converteu nun protectorado británico en 1893 (como resposta á competencia alemá e francesa).

As tradicións guerreiras dos melanesios persistiron un pouco acougadas baixo o protectorado ata a invasión xaponesa en 1942. Isto foi seguido por unha batalla sanguenta de seis meses gañada polos americanos en 1943. Sesenta e sete barcos de guerra afundíronse, os xaponeses perderon 40.000 homes e os americanos 7.000. A capital Tulagi, a cal fora destruída durante a guerra, foi substituída por Honiara na illa de Guadalcanal onde os americanos construíran unha base militar.

Arte de Makira.

Logo da guerra, os insulares da illa Malaita fixeron coñecer o seu desexo de autonomía, os británicos introduciron asembleas rexionais e eventualmente estableceron un Consello Gobernativo en 1970. Finalmente concedéuselles a independencia en 1978. Desde entón, o país foi dirixido máis ou menos correctamente a pesar das fortes rivalidades entre as illas.

Organización territorial[editar | editar a fonte]

As Illas Salomón divídense en 9 provincias e un territorio capital.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa das Illas Salomón.
Evolución da poboación entre 1961 e 2003 (cifras da FAO, 2003). Datos en miles de habitantes.

As illas Salomón son un arquipélago constituído por numerosas illas. situado ao suroeste do océano Pacífico, ao leste de Papúa Nova Guinea. As illas principais son: Choiseul, as illas Nova Xeorxia, Santa Isabel, as illas de Russel, as illas Florida, Malaita, Guadalcanal, Sikaiana, Maramasike, Ulawa, Uki, San Cristóbal, Santa Ana, Rennell e Bellona e as illas Santa Cruz. A distancia entre as illas máis occidentais e as máis orientais é de preto de 1500 quilómetros.

As illas Santa Cruz, ao norte de Vanuatu están particularmente illadas, a máis de 200 quilómetros das outras illas. Os volcáns, de graos variables de actividade, están situados nalgunhas das illas máis grandes, mentres que varias das illas máis pequenas simplemente son atois minúsculos cubertos de area e cocos.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía das Illas Salomón.

A maioría da poboación depende da agricultura, a pesca, e a silvicultura para polo menos parte do seu sustento. A maioría dos produtos manufacturados e o petróleo débense importar. As illas son ricas en materias primas minerais tales como chumbo, cinc, níquel, e ouro. Os problemas económicos no Sueste Asiático levaron a unha diminución brusca da industria madeireira, e a produción económica diminuíu preto dun 10% en 1998. O Goberno instituíu reducións de salario no servizo público e doutros sectores. A economía recuperouse parcialmente en 1999, grazas á subida dos prezos do ouro no mercado mundial e o primeiro ano completo de explotación da mina Gold Ridge. Con todo, a mediados de ano o peche da maior plantación de aceite de palma do país lanzou unha sombra sobre as perspectivas de futuro. A desastrosa situación política non facilita o crecemento económico.

Demografía[editar | editar a fonte]

De acordo coas cifras de 2006 a poboación maioritaria nas Illas Salomón ten etnia Melanesia (94.5%), Polinesia (3%) e Micronesia (1.2%) son os dous grupos seguintes significativos na súa composición.

Cultura[editar | editar a fonte]

Festas
Datas Nome en galego Nome local Notas
O segundo sábado de xuño Aniversario da Raíña Queen's Birthday Festa polo aniversario oficial da Raíña
7 de xullo Día da Independencia Independence Day
O terceiro luns de novembro Día do Príncipe Carlos Prince Charles Day Aniversario oficial do príncipe

Na cultura tradicional das Illas Salomón, os costumes tradicionais transmítense dunha xeración á seguinte, supostamente a través dos espíritos ancestrais, para formar os valores culturais das Illas Salomón.

A relixión das Illas Salomón componse dun 96% de cristiáns (anglicanos 45%, católicos romanos 18%, Unión 12%, bautistas 10%, Adventistas do Sétimo Día 7%, Outros cristiáns 4%) e ao redor dun 4% de crentes de relixións indíxenas.

Países do mundo | Oceanía
Australia | Estados Federados de Micronesia | Fidxi | Illas Salomón | Illas Marshall | Kiribati | Nauru | Nova Zelandia | Papúa Nova Guinea | Samoa Occidental | Timor Leste | Toquelau | Tonga | Tuvalu | Vanuatu
Países con parte do seu territorio en Oceanía

Estados Unidos | Chile | Indonesia

Países semiautónomos e estados libres asociados

Niue | Toquelau