Vanuatu
| Ripablik blong Vanuatu Republic of Vanuatu République du Vanuatu República de Vanuatu |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A República de Vanuatu é un país localizado no Océano Pacífico Sur. O arquipélago está localizado a uns 1.750 km ao leste de Australia, 500 km ao nordés de Nova Caledonia, ao oeste de Fidxi e ao sur das Illas Salomón. O seu nome colonial era Novas Hébridas; este nome só é usado para referencias históricas.
Índice |
Historia [editar]
Moitas das illas de Vanuatu foron habitadas fai miles de anos, as máis antigas probas indican que foi no ano 2000 adC. En 1606, o explorador hispano-portugués Pedro Fernández de Quirós converteuse no primeiro europeo en chegar ás illas, quen crendo que chegara á Terra Australis bautizou o arquipélago co nome de Terra Australia do Espírito Santo. Os europeos comezarían a asentarse nas illas a finais do século XVIII, primeiro coas exploracións do Conde de Bougainville que redescubriu a illa co nome de Grandes Cícladas en 1768 e despois que o explorador británico James Cook visitou as illas na súa segunda viaxe en 1774 chamándoas como Novas Hébridas.
En 1887, as Novas Hébridas comezan a ser administradas por unha comisión naval franco-británica. En 1906, establécese un Condominio Franco-Británico.
Durante a Segunda Guerra Mundial, Estados Unidos utilizou as illas Efaté e Espírito Santo como bases militares, o cal inxectou divisas ao país e sobre todo novas formas de pensar, feito que abriu a Vanuatu o camiño á súa independencia. En 1957 establécese un Consello Asesor. Na década de 1960, os aborixes nin-Vanuatu reclamaban o autogoberno e a posterior independencia; en 1974 os nacionalistas gañan a elección do Parlamento que abolía ao Consello Asesor e en 1978 créase un gabinete encargado por un Ministro Xefe.
En 1979 promúlgase a Constitución que establece parlamentos rexionais nas illas de Espírito Santo e Tanna. Logo ao ano seguinte Jimmy Stevens, líder da agrupación Na-Griamel, organiza unha revolta en Espírito Santo e proclama o Estado Independente de Vemarana. Logo Vanuatu obtén a independencia plena o 30 de xullo de 1980 con Walter Lini como Primeiro Ministro; a pedido deste, tropas de Papúa Nova Guinea, Australia e Nova Celandia restauran a orde en Espírito Santo. En 1981 ingresa na ONU e en 1983 ao Movemento de Países non Aliñados.
En febreiro de 1984, o presidente George Sokomanu renuncia logo de declararse culpable de atrasar o pago dos impostos, pero resulta reelecto ao mes seguinte. En 1985 a Unión de Partidos Moderados acusa ao goberno de restrinxir os dereitos humanos e os dereitos de organización. En febreiro de 1987 un ciclón destrúe Port Vila, a capital, e causa aproximadamente 50 mortos. En decembro de 1988, no medio dunha crise política provocada por rivalidades entre o primeiro ministro Lini e Barak Sope, secretario xeral do Vanuakku Pati, o presidente Sokomanu disolve o Parlamento e nomea a Sope como primeiro ministro interino, pero ambos son arrestados polas forzas leais a Lini; ao ano seguinte é elixido como presidente Fred Timakata.
En 1991, unha moción parlamentaria desposúe a Lini do seu cargo e Donald Kalpokas do Vanuakku Pati, é electo primeiro ministro o 6 de setembro, pero foi substituído por Maxime Carlot Korman o 16 de decembro. En 1996, o grupo paramilitar Vanuatu Mobile Force intentou depor o goberno e nese ano o gabinete de Carlot cometeu unha fraude bancaria. En novembro de 1997, o presidente Jean Marie Leye disolveu o Parlamento. Nos últimos anos o país estivo baixo escándalos de corrupción que frearon á economía.
Goberno e Política [editar]
O Parlamento de Vanuatu é unicameral e ten 52 membros que son elixidos cada catro anos por voto popular. O líder do principal partido no parlamento é usualmente elixido Primeiro Ministro, e encabeza o goberno, desde 2004 ocupa o cargo Ham Lini. O Xefe de Estado, o Presidente, é elixido cada cinco anos polo parlamento os presidentes dos seis gobernos provinciais. Forman unha coalición, con todo, houbo problemas algunhas veces, especialmente coa competición entre Reino Unido e Francia en tratar de simpatizar aos seus líderes cos seus intereses.
Organización político-administrativa [editar]
Desde 1968 ata 1985, Vanuatu estivo dividido en catro áreas:
Desde 1985 ata 1994, estivo dividido en once áreas:
- Ambae e Maewo (capital Longana)
- Ambrym (capital Eas)
- Banks e Torres (capital Soa)
- Efaté (capital Port Vila)
- Epi (capital Ringdove)
- Malakula (capital Lakatoro)
- Paama (capital Liro)
- Pentecoste (capital Loltong)
- Illa Espírito Santo e Malo (capital Luganville)
- Illas Shepherd (capital Morua)
- Tafea (capital Isangel)
Desde 1994 ata a actualidade, Vanuatu ten seis provincias:
| Provincia | Capital | Illas principais | Area (km²) |
Poboación Censo 1999 |
|---|---|---|---|---|
| Malampa | Lakatoro | Ambrym, Malakula, Paama | 2,779 | 32,705 |
| Penama | Longana | Illa Pentecoste, Ambae, Maewo | 1,198 | 26,646 |
| Sanma | Luganville | Santo, Malo | 4,248 | 36,084 |
| Shefa | Port Vila | Efaté, Illas Shepherd | 1,455 | 54,439 |
| Tafea | Isangel | Tanna, Aniwa, Futuna, Erromango, Anatom | 1,628 | 29,047 |
| Torba | Sola | Banks e Illas Torres | 882 | 7,757 |
| Vanuatu | Port Vila | 12,189 | 186,678 |
Xeografía [editar]
Vanuatu consiste de 83 illas, das cales dúas - Matthew e Hunter - son tamén reclamados polo departamento francés de ultramar de Nova Caledonia. Moitas das illas son montañosas e de orixe volcánico, e teñen un clima tropical ou subtropical. A maior cidade do país é a capital, Port Vila, situado na illa de Efaté, e Luganville, en Espírito Santo. A máxima elevación do país é o Tabwemasana a 1.877 m de altura.
Vanuatu é famosa por unha ecorexión terrestre, chamado as selvas de Vanuatu. É parte da ecozona de Australasia, que tamén inclúe as veciñas Nova Caledonia e as Illas Salomón, así tamén Australia, Papúa Nova Guinea e Nova Celandia.
Economía [editar]
A economía está baseada principalmente na agricultura de subsistencia ou a pequena escala, que prové ao 65% da poboación. A pesca, servizos financeiros de banca estranxeira, o rexistro de naves de mariña mercante, a venda de licenzas internacionais de pesca (Vanuatu é membro de varios comités rexionais de pesca) e o turismo (con 50.000 visitantes en 1997), as licenzas bancarias off-shore e a formación de compañías internacionais son outras fontes de economía. En Porto Vila atópase o Banco da Reserva e o Rexistro da Propiedade. Non hai depósitos de mineralé e o país non posúe depósitos de petróleo. Un pequeno sector industrial abastece ao mercado local. Os impostos veñen principalmente das importacións de produtos e do IVE (VAT), posto que Vanuatu non posúe imposto á renda nin ás persoas, sendo considerado un de tantos paraísos fiscais.
O desenvolvemento económico depende relativamente das exportacións, a vulnerabilidade aos desastres naturais e as longas distancias entre os principais mercados e as illas. Un gran terremoto en novembro de 1999, seguido por un tsunami, causou moitos danos na illa norteña de Pentecoste, deixando a miles de persoas sen fogar. Outro poderoso terremoto en xaneiro de 2002 causou danos á capital Port Vila, e áreas adxacentes, seguido por un tsunami.
O PNB creceu a menos do 3% nos anos 1990. En vista disto o goberno prometeu suavizar as regulacións no seu centro financeiro de banca estranxeira. Australia e Nova Celandia son os principais suplidores da axuda externa de Vanuatu.
A unidade monetaria de Vanuatu é o Vatu. No ano 2000 137,64 vatus equivalían a 1 dólar estadounidense. No ano 2007 (marzo) 107 vatus equivalían a 1 dólar estadounidense.
Demografía [editar]
A maioría dos habitantes de Vanuatu (95%) son nativos melanesios, ou nin-Vanuatu, o resto da poboación é de orixe europea, asiático e doutras illas do Pacífico. Existen tres idiomas oficiais: inglés, francés e bislama (un idioma crioulo que evolucionou do inglés). Ademais, ao redor de cen linguas locais son falados nas illas.
O Cristianismo, dividido en varias denominacións, é a relixión predominante en Vanuatu. A Igrexa Presbiteriana,que abarca unha terceira parte da poboación, é o maior delas.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- AtopandoVanuatu (en inglés)
- Mapa de Vanuatu (en inglés)
| Países do mundo | Oceanía |
| Australia | Estados Federados de Micronesia | Fidxi | Illas Salomón | Illas Marshall | Kiribati | Nauru | Nova Zelandia | Papúa Nova Guinea | Samoa Occidental | Timor Leste | Toquelau | Tonga | Tuvalu | Vanuatu |
| Países con parte do seu territorio en Oceanía |
| Países semiautónomos e estados libres asociados |
