Granada, Caribe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaGranada, Caribe
State of Grenada (en) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoHino nacional de Granada (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Lema«Ever Conscious of God We Aspire, Build and Advance as One People» Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aGranada Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 12°07′00″N 61°40′00″O / 12.11667, -61.66667Coordenadas: 12°07′00″N 61°40′00″O / 12.11667, -61.66667
CapitalSaint George's Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación114.299 (2023) Editar o valor em Wikidata (327,97 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa
Crioulo inglês de Granada (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie348,5 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Caribe Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMonte Saint Catherine (pt) Traducir (840 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoMar Caribe (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1974 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Monarca (pt) Traducir Editar o valor em WikidataCarlos III do Reino Unido (2022–) Editar o valor em Wikidata
• Prime Minister of Grenada (en) Traducir Editar o valor em WikidataKeith Mitchell Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoParlamento de Granada (pt) Traducir , (Escano: 13) Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal1.122.800.000 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
MoedaDólar Caribe-Leste Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.gd Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+1473 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia911, 434 (en) Traducir, 724 (en) Traducir e 774 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Código de paísGD Editar o valor em Wikidata

Sitio webgov.gd Editar o valor em Wikidata

Granada (en inglés Grenada (Escoitari/ɡrəˈndə/, en francés crioulo granadino: Gwenad /ɡwiˈnd/) é un país insular no mar Caribe que inclúe ás Granadinas do sur. É o segundo país independente máis pequeno do hemisferio occidental (logo de Saint Kitts e Nevis). Atópase na zona sueste do mar Caribe, ao norte de Trinidad e Tobago, ao Nordeste de Venezuela e ao sur de San Vicente e as Granadinas. Granada está formada pola propia illa de Granada, dúas illas máis pequenas, Carriacou e Pequena Martinica, e varias illas pequenas que se atopan ao norte da illa principal e forman parte das Granadinas. O seu tamaño é de 3 485 kilometros cadrados (1 346 sq mi) e tiña unha poboación estimada de 112.523 en xullo de 2020.[1] A súa capital é Saint George's.[1] Granada tamén é coñecida como a "illa das especias" debido á súa produción de cultivos de noz moscada e macis.[2]

Antes da chegada dos europeos ás Américas, Granada estaba habitada polos pobos indíxenas de América do Sur. Cristovo Colón avistou Granada en 1498 durante a súa terceira viaxe ás Américas. Despois de varios intentos infrutuosos dos europeos de colonizar a illa debido á resistencia dos Caribes residentes, o asentamento e colonización do imperio colonial francés comezou en 1649 e continuou durante o século seguinte.[3] O 10 de febreiro de 1763, Granada foi cedida aos Británicos baixo o Tratado de París. O dominio británico continuou ata 1974 (agás unha breve toma de posesión francesa entre 1779 e 1783).[4] Non obstante, o 3 de marzo de 1967, foi concedida a plena autonomía sobre os seus asuntos internos como Estado Asociado, e de 1958 a 1962 Granada formou parte da Federación das Indias Occidentais, unha federación de curta duración de Colonías británicas das Indias occidentais.

A independencia concedeuselle o 7 de febreiro de 1974 baixo o liderado de Eric Gairy, quen se converteu no primeiro primeiro ministro do estado soberano de Granada. O novo país pasou a ser membro da Commonwealth, coa raíña Isabel II como xefa de estado[1]. En marzo de 1979, o Marxista-leninista Movemento Nova Xoia derrocou ao goberno de Gairy nun Golpe de Estado incruento e estableceu un Goberno Popular Revolucionario (PRG), encabezado por Maurice Bishop como primeiro ministro.[5] Bishop foi arrestado e despois executado por membros do Exército Revolucionario Popular (PRA), o que provocou a invasión estadounidense de Granada en outubro de 1983. Desde entón, a illa volveu a unha democracia representativa parlamentaria e mantívose politicamente estable.[1]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A orixe do nome "Granada" é escura, pero é probable que os mariñeiros españois chamasen así á illa pola cidade andaluza de Granada.[1][6] O nome "Granada" rexistrouse nos mapas españois na década de 1520 e referíase ás illas do norte como Los Granadillos ("Granadas pequenas"),[3] aínda que esas illas nomeadas foron consideradas propiedade do Rei de España, non hai rexistros que suxiran que os españois intentaran asentarse en Granada.[7] Os franceses mantiveron o nome (como "La Grenade" en francés) despois do asentamento e colonización en 1649.[3] O 10 de febreiro de 1763, a illa de La Grenade foi cedida aos británicos baixo o Tratado de París. Os británicos renomearona como "Granada", unha das moitas anglicizacións de topónimos que fixeron alí.[8]

Tivo polo menos outros dous nomes europeos durante a Era dos Descubrimentos.[Cómpre referencia] A illa recibiu o seu primeiro nome por Cristovo Colón, quen a avistou na súa terceira viaxe en 1498 e chamouna "La Concepción" en honra á Virxe María. Dise que en realidade puido nomeala "Asunción", pero non é seguro, xa que dise que o que avistou desde a distancia era o que son hoxe Granada e Tobago e chamoulles a ambos ao mesmo tempo. Porén, aceptouse que chamou a Tobago "Assumpción" e a Granada "La Concepción".[6] O ano seguinte, o explorador italiano Amérigo Vespucci viaxou pola rexión co explorador español Alonso de Ojeda e o cartografista Juan de la Cosa. Vespucci rebautizou a illa como "Mayo", aínda que este é o único mapa onde aparece o nome.[7]

Os indíxenas Arauacos que vivían na illa antes da chegada dos europeos chamábana Camajuya.[9]

Historia[editar | editar a fonte]

Granada foi poboada por primeira vez por pobos de América do Sur, posiblemente durante a Idade Arcaica do Caribe, aínda que faltan probas definitivas. A presenza humana potencial máis antiga provén da evidencia indirecta de núcleos de lagos, que comeza ~3600 a.C.[10] Aldeas menos efémeras e permanentes comezaron arredor do ~100-200 d.C.[11] A poboación alcanzou o seu máximo entre os anos 750 e 1250 d. C., con grandes cambios na poboación despois, posiblemente o resultado das secas rexionais e/ou da "Invasión caribe",[12] aínda que esta última depende de evidencias moi circunstanciais.[13]

A historia rexistrada de Granada comeza en 1498, cando Cristovo Colón divisou por vez primeira a illa. Tras un intento errado dos ingleses para establecerse na illa, os franceses compraron a illa aos indios caribes no ano 1650. A illa foi cedida de novo a Gran Bretaña en 1783. Granada converteuse nunha Colonia da Coroa en 1877.

Granada conseguiu a independencia en 1974 e, en 1979, tras un período de grande inestabilidade política, o carismático e popular líder de esquerdas Maurice Bishop fíxose co poder. O socialismo de Bishop e a súa cooperación coa Cuba comunista non foi ben recibido polas nacións conservadoras da zona, como Barbados, Dominica e os Estados Unidos. Unha disputa co á comunista, leal a Bernard Coard, do partido que estaba no poder, New Jewel, levou a un golpe de estado e a execución de Bishop o 19 de outubro de 1983.

Seis días máis tarde, a illa foi invadida polas forzas militares dos Estados Unidos e doutras seis nacións do Caribe dentro dunha campaña militar chamada Operación Furia Urxente. As tropas capturaron rapidamente aos líderes da revolución e aos seus conselleiros cubanos, moitos dos cales estaban traballando na construción dun grande aeroporto para a illa que foi completado polos Estados Unidos algúns anos máis tarde. Ao ano seguinte celebráronse eleccións. Unha das preocupacións tácticas coñecidas dos Estados Unidos era a recuperación con vida dos estadounidenses matriculados na Universidade de St. George's.

En setembro de 2004, a illa foi arrasada polo Furacán Iván. O furacán, de categoría 3, danou ou destruíu o 90 % das vivendas.

Goberno e Política[editar | editar a fonte]

Saint George no ano 2000

Ao ser unha nación da Commonwealth, a monarca británica é formalmente a Xefa de Estado. Está representada por un Gobernador Xeral, aínda que o poder executivo real recae sobre o líder do goberno, o Primeiro Ministro. Aínda que o primeiro ministro é nomeado polo Gobernador xeral, este adoita ser o líder do partido con máis representación no parlamento.

O parlamento consiste nun senado (con 13 membros) e unha Cámara de Representantes (con 15 membros). Os senadores son nomeados polo goberno e a oposición, mentres que os representantes son elixidos polo pobo cada cinco anos. Nas eleccións do 19 de febreiro de 2013 Keith Claudius Mitchell levou ao New National Party á vitoria (gañou todos os escanos cun 58,7% dos votos) e converteuse no noveno primeiro ministro do país. O partido principal da oposición é o National Democratic Congress o cal obtivo o 40,8% dos votos pero ningún escano.

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

Politicamente, Granada está dividida en seis zonas chamadas parroquias. Estas son:

Carriacou e Pequena Martinica, dúas das Granadinas que teñen o status de dependencia con Granada, forman a sétima división administrativa de Granada.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa de Granada

A illa chamada propiamente Granada é a máis grande do país. As pequenas Granadinas son Carriacou, Pequena Martinica, Ronde, Illa Caille, Illa Diamante, Large Island, Saline Island e Frigate island. A gran parte da poboación vive na propia Granada, cuxas cidades máis grandes son a capital Saint George's, Grenville e Gouyave. O asentamento máis grande nas outras illas é Hillsborough na illa de Carriacou.

As illas son dunha orixe volcánico, sendo o terreo interior das illas lixeiramente montañoso, con algúns pequenos ríos que flúen cara ao mar. O clima é tropical: caloroso e húmido. Granada vese afectada ocasionalmente por furacáns. A tormenta máis recente foi o Furacán Iván en setembro de 2004.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Granada.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución Demográfica de Granada entre 1961 e 2003 Poboación en millóns de habitantes.

Aproximadamente o 80% da poboación son descendentes dos escravos africanos traídos polos europeos; son poucos os indíxenas caribes e arauacos que quedan na illa.

O idioma oficial, o inglés, é falado por toda a poboación, aínda que algúns aínda falan francés patois. Case todos os granadinos son cristiáns, dos cales aproximadamente a metade deles católicos. O anglicanismo é a relixión protestante principal.

Cultura[editar | editar a fonte]

A influencia francesa na cultura granadina é moito menor que noutras illas do Caribe. A cultura de Granada está fortemente influenciada polas raíces africanas da maioría dos granadinos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "CIA World Factbook – Grenada". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. "Grenada | History, Geography, & Points of Interest". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2020-06-12. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Martin, John Angus (2013). Island Caribs and French Settlers in Grenada: 1498-1763. St George’s, Grenada: Grenada National Museum Press. ISBN 9781490472003. 
  4. Steele 2003, pp. 35–36.
  5. Jacobs, Curtis (2015-01-01). Grenada, 1949–1979: Precursor to Revolution. The Grenada Revolution (University Press of Mississippi). ISBN 978-1-62846-151-0. doi:10.14325/mississippi/9781628461510.003.0002. 
  6. 6,0 6,1 Crask, Paul (2009). Grenada, Carriacou and Petite Martinique (en inglés). Bradt Travel Guides. p. 5. ISBN 9781841622743. 
  7. 7,0 7,1 Crask, Paul (2009). Grenada, Carriacou and Petite Martinique (en inglés). Bradt Travel Guides. p. 6. ISBN 9781841622743. 
  8. Crask, Paul (2009). Grenada, Carriacou and Petite Martinique (en inglés). Bradt Travel Guides. p. 7. ISBN 9781841622743. 
  9. Higman, B. W. (2021). A Concise History of the Caribbean. Cambridge University Press. p. 58. ISBN 978- 1-108-48098-7. 
  10. Siegel, Peter E.; Jones, John G.; Pearsall, Deborah M.; et al. (2015). "Paleoenvironmental Evidence for First Human Colonization of the Eastern Caribbean". Quaternary Science Reviews 129: 275–295. Bibcode:2015QSRv..129..275S. doi:10.1016/j.quascirev.2015.10.014. 
  11. Hanna, Jonathan A. (2019). "Camáhogne's Chronology: The Radiocarbon Settlement Sequence on Grenada". The Journal of Anthropological Archaeology 55: 101075. doi:10.1016/j.jaa.2019.101075. 
  12. Hanna, Jonathan A. (2018). "Grenada and the Guianas: Demography, Resilience, and Terra Firme during the Caribbean Late Ceramic Age". World Archaeology 50 (4): 651–675. doi:10.1080/00438243.2019.1607544. 
  13. Whitehead, Neil (1995). Wolves from the Sea: Readings in the Anthropology of the Native Caribbean. Leiden: KITLV Press.