Saint Kitts e Nevis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Federation of Saint Kitts and Nevis (¹)
Federación de San Cristovo e Neves
Bandeira de Saint Kitts e Nevis Escudo de Saint Kitts e Nevis
Bandeira Escudo
Lema: Country Above Self
Himno nacional: Oh Land of Beauty!
 
KNA orthographic.svg
 
Capital
 • Poboación
Basseterre
15 500 (2005)
Cidade máis poboada Basseterre
Linguas oficiais
inglés
Forma de goberno Monarquía
Raiña de San Cristovo e Neves
Gobernador Xeral
Primeiro Ministro
Isabel II do Reino Unido
Cuthbert Sebastian
Denzil Douglas
Independencia do Reino Unido
19 de setembro de 1983
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 207º
261 km²
desprezábel
0 km
135 km
Poboación
 • Total
 • Densidade

42 696(2005 est.)
164 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

US$ 527 millóns
US$ 10 155[1]
PIB (PPA)
 • Total
 • PIB per cápita


IDH 0,825
Moeda Dólar Caribe-Leste (XCD)
Xentilicio  ?
Fuso horario UTC-4
Dominio de Internet .kn
Prefixo telefónico +1 + 869
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO 659 / KNA / KN
Membro de: OMC, Caricom

¹ Tamén Federation of Saint Christopher and Nevis

Tódolos países do mundo

Saint Kitts e Nevis é un Estado do Caribe, constituído polas illas de Saint Kitts, ou Saint Christopher, e Nevis. Os territorios veciños máis próximos son as Antillas Holandesas a noroeste, Antiga e Barbuda a leste e sueste, e Saint Barthélemy, unha dependencia de Guadalupe, a norte. A súa capital é Basseterre.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia de Saint Kitts e Nevis.

Saint Kittts ou San Cristovo era orixinalmente chamada Liamuiga polos indíxenas que a habitaban. Xa Nevis era orixinalmente chamada Oualie, "terra das augas belas". Cristovo Colón avistou Nevis o 1493.

As illas tornáronse colonias do Reino Unido o 1624. Nevis foi colonizada o 1628 con colonos orixinarios de Saint Kitts. A pesar de separadas por apenas 3 km de auga, as dúas illas foron colonias separadas ata o final do século XIX, cando foron unidas entre si e a Anguila.

San Cristovo, Nevis e Anguila, tornaranse un Estado en conxunto, con autonomía interna completa en 1967. Anguilla rebelouse e foi permitida súa separación en 1971. San Cristovo e Nevis conseguiron a súa independencia en 1983. En agosto do 1998, celebrouse un referendo de autodeterminación en Nevis, os votos favorables á secesión non chegaron aos dous terzos requiridos pola constitución. En setembro do mesmo ano, o furacán Georges causou aproximadamente 445 millóns de dólares en danos, e limitou o crecemento do PIB para aquel ano.

Política[editar | editar a fonte]

Como a maior parte dos países que integran a Mancomunidade Británica de Nacións, o xefe de Estado das illas segue sendo o monarca británico, o cal elixe un Gobernador Xeral residente para que lle represente nos asuntos locais. Desde o 1 de xaneiro de 1996 o Gobernador Xeral das illas é Cuthbert Montraville Sebastian. O xefe de goberno é o Primeiro Ministro Denzil Douglas, que é tamén líder do partido que ten a maioría no parlamento.

O Parlamento unicameral (National Assembly, Asemblea Nacional) ten 14 membros, sendo 11 elixidos directamente pola poboación (3 da illa de Neves) e 3 senadores, que son indicados polo Gobernador Xeral.

O país fai parte do Caricom e da Organización dos Países do Caribe-Este (OECS).

Subdivisións[editar | editar a fonte]

Hai 14 subdivisións ou parroquias nas dúas illas:

San Cristovo (Saint Kitts)

Christ Church Nichola Town Saint Anne Sandy Point Saint George Baseterre Saint John Capisterre Saint Mary Cayon Saint Paul Capisterre Saint Peter Baseterre Saint Thomas Middle Island Trinity Palmetto Point.

Nevis

Saint George Gingerland Saint James Windward Saint John Figtree Saint Paul Charlestown Saint Thomas Lowland Saint Kitts-Nevis.geohive.gif

Xeografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xeografía de Saint Kitts e Nevis

Mapa do país.
Nevis vista desde Saint Kitts

As dúas illas antillanas que forman o país están separadas polo estreito de Narrows, de menos de 3 km. Ambas as illas son de orixe volcánico con escarpadas cimas no interior. O pico máis alto é o de San Cristovo, o Monte Liaumiga con 1.156 m. Pola contra nas zonas próximas á costa o relevo é totalmente chairo.

O clima das illas é tropical húmido cunha media de 26,7 graos durante todo o ano.

É o menor país de América.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Saint Kitts e Nevis

O turismo e as finanzas internacionais son a fonte principal de ingresos para a súa poboación.

San Cristovo e Neves é membro da Comunidade do Caribe (Caricom). A Suprema Corte do Caribe Oriental encárgase dos seus asuntos xudiciais e a súa moeda é o dólar do Caribe Oriental.

Demografía[editar | editar a fonte]

A poboación das illas está composta na súa maioría por negros descendentes dos escravos traídos do África Occidental.

A maioría da poboación é cristiá principalmente anglicanos aínda que tamén existen outras confesións protestantes e a Igrexa Católica.

O inglés é o principal idioma, aínda que tamén se fala o patois.

Cultura[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cultura de Saint Kitts e Nevis.
Feriados
Data Nome en galego Nome local Observacións

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Saint Kitts e Nevis - Informe do Fundo Monetario Internacional (en inglés)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Países do mundo | Caribe
Antiga e Barbuda - Bahamas - Barbados - Cuba - Dominica - Rep. Dominicana - Granada - Haití - Saint Kitts e Nevis - San Vicente e Granadinas - Santa Lucía - Trinidad e Tobago - Xamaica
Países con estatus especial no Caribe

Aruba - Curaçao - Illa de San Martiño - Bonaire - San Eustaquio - Saba (posesións dos Países Baixos)
Guadalupe - Martinica - Illa de San Martiño - Saint-Barthélemy (posesións de Francia)
Anguila - Illas Virxes Británicas - Illas Caimán - Montserrat - Turks e Caicos (posesións do Reino Unido)
Illas Virxes Americanas - Porto Rico (posesións dos Estados Unidos)