Tiro con arco
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O tiro con arco é un deporte no que se utiliza un arco para disparar frechas máis lonxe ou máis habitualmente con precisión sobre un albo, a súa orixe está na utilización do arco na caza e nas guerras. A persoa que practica este deporte chámase arqueiro. O tiro con arco olímpico é a modalidade practicada nos Xogos Olímpicos.
Hai dúas modalidades principais, o Tiro con arco con diana regulado pola Federación Internacional de Tiro con arco, é a modalidade usada nos Xogos Olímpicos e o Tiro con arco de campo que ademais das regulamentacións e campionatos da FITA conta coa súa propia federación internacional, a Asociación Internacional de Arquería de campo
[editar] Disciplinas oficiais FITA
- Tiro con arco exterior
- Tiro con arco en sala
- Tiro con arco de campo
- Tiro con arco con esquís
- Tiro con arco 3D
- Carreira con arco
- Tiro a longa distancia
- Tiro á bandeira
[editar] Modalidades locais
- Beursault, practicada no norte de Francia e Bélxica
- Popinjay, practicada en Bélxica
- Tiro ao poste, practicada en Inglaterra

