Suriname
| Republiek Suriname República de Suriname |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Suriname (nome oficial: Republiek Suriname) é un país de América do Sur, limitado ao norte polo océano Atlántico, ao este por Güiana Francesa, ao sur polo Brasil e ao oeste por Güiana. Área: 163.265 km². Capital: Paramaribo. Cidades mais poboadas: Paramaribo, Nieuw Nickerie e Meerzorg. O seu clima é quente e húmido.
Índice |
Historia [editar]
- Artigo principal: Historia do Suriname.
Aínda que mercadores holandeses tivesen establecido varias colonias na rexión da Guiana antes, os holandeses non tomaron posesión do que é hoxe o Surinam ata ao Tratado de Breda, que marcou o fin da Segunda Guerra Anglo-Holandesa.
Despois de se tornar nunha parte autónoma do Reino dos Países Baixos en 1954, o Surinam conseguiu a independencia en 1975. Un réxime militar dirixido por Desi Bouterse gobernou o país nos anos 80 ata que a democracia foi restablecida en 1988.
Política [editar]
Surinam ten unha democracia baseada na constitución de 1987. O poder lexislativo do goberno é exercido pola Asemblea Nacional, constituída de 51 membros. Estes membros son electos cada cinco anos.
A Asemblea Nacional elixe ao presidente, cabeza do poder executivo, por maioría de 2/3. Se ningún candidato consegue tal maioría, o presidente é elixido pola Asemblea do Pobo, unha institución de 340 membros consistente da Asemblea Nacional e Representativos rexionais.
Subdivisións [editar]
- Artigo principal: Subdivisións de Suriname.
Xeografía [editar]
Surinam, o país máis pequeno de Sudamérica, está situado sobre o escudo da Güiana, o punto máis alto é Julianatop (1.286 m sobre o nivel do mar). A terra pode ser artificialmente dividida en dúas partes. A norte, área costeira foi cultivada, e a maior parte da poboación vive alí. A parte sur consiste en selva húmida tropical escasamente habitada.
Xa que está próximo ao ecuador, o clima de Surinam é tropical, e as temperaturas non varían moito durante o ano. O ano ten dúas estacións chuviosas, de decembro a principios de febreiro e de fins de abril a mediados de Agosto. No nordés do país atópase o W.J. van Blommesteinmeer, un lago declarado reserva.
Por ter fronteira coa Güiana Francesa, Surinam limita coa Unión Europea.
Economía [editar]
- Artigo principal: Economía de Suriname.
A súa economía baséase na exportación de aluminio e alumina, camarón, arroz, banana e petróleo. É moi dependente doutros países. Os seus principais socios de comercio son os Países Baixos, os Estados Unidos e países no Caribe.
Está baseada na produción de aluminio que representa aproximadamente o 15% do PIB e dous terzos das exportacións totais. Os problemas económicos do país son graves, debido á forte dependencia do comercio exterior en dous sectores que manteñen desde 2000 bruscos cambios de prezos no mercado internacional: xunto ao aluminio, o petróleo. Isto deriva en modificacións moi notables de PIB, taxa de desemprego, débeda externa e inflación dun ano a outro.
Os plans iniciados en 2001 para reordenar o sistema económico, abrir un proceso de liberalización e mellorar a estrutura produtiva tiveron efectos moi pobres. Algunhas empresas estadounidenses e españolas realizan novas prospeccións e explotacións petrolíferas que están dando bos resultados. Igualmente, o país dispón de importantes reservas mineiras de ouro e bauxita.
Demografía [editar]
A poboación de Surinam está conformada de moitos grupos. A maior deles son os "Hindustani", descendentes de inmigrantes do Século XIX da India, cerca do 37% da poboación. Os "criolleros", mestura de branco e negro representan o 31%, mentres que os Javaneses ("importaron" das ex Indias Orientais Holandesas) e "Maroons" (descendentes de escravos escapados africanos) fan o 15 e 10 % respectivamente. O resto está formado por indios, chineses e brancos.
Debido ao gran número de grupos étnicos no país, non hai unha relixión maioritaria. O cristianismo (44%) (católicos 21,6% e protestantes 18%), o hinduísmo (26%) e o islam (18,6%) son as relixións predominantes.
O neerlandés é a lingua oficial de Suriname. Os surinameños tamén falan as súas propias linguas: Sranang tongo (tamén coñecido como surinameño), javanés e outras. Os caribes e arauacos nativos do lugar falan os seus propios idiomas, como tamén os maroons, aucan e saramacán. Ademais úsanse amplamente o español e o inglés, especialmente en tendas e establecementos orientados ao turismo.
A gran maioría da poboación reside en Paramaribo ou na costa. Hai unha significativa poboación surinameña nos Países Baixos
Cultura [editar]
- Artigo principal: Cultura de Suriname.
Debido á mestura de grupos de poboación, a cultura de Surinam é moi diversa. A cultura predominante é unha mestura de elementos neerlandeses, indonesios e indíxenas
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Kabinet van de President van de Republiek Suriname - gabinete do presidente da república do Suriname. En inglés e holandés.
- http://www.surinam.net
- http://parbo.com
| Países do mundo | América do Sur |
| Arxentina - Bolivia - Brasil - Colombia - Chile - Ecuador - Güiana - Paraguai - Perú - Suriname - Uruguai - Venezuela |
| Países con parte do seu territorio en América do Sur |