Maratón (atletismo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paula Radcliffe, corredora de maratón.

O maratón[1] é unha proba deportiva incluída dentro do atletismo. É unha carreira pedestre cun percorrido de 42 195 m, conmemorativa da vitoria de Maratón dos gregos sobre os persas.

Historia da proba[editar | editar a fonte]

Durante moito tempo, as mulleres foron excluídas, a pesar dalgúns casos como Stamata Revithi (no 1896), que non foron incluídos en resultados oficiais.[2][3] Marie-Louise Ledru está acreditada como a primeira muller en completar un maratón, en 1918.[4][5][6] Violet Piercy é a primeira muller que ten un tempo oficial, conseguido en 1926.[2] O maratón feminino foi introducido nas Olimpíadas de verán de 1984 (Os Ánxeles, USA) e foi gañado por Joan Benoit (USA, 2 h 24 min 52 s).[7]

A proba de maratón máis antiga do mundo é a de Boston, que se celebra desde 1897.[8] O estadounidense John A. Kelley completou a proba 61 veces (entre 1928 e 1992), gañándoa en dúas ocasións (1935 e 1945).

Probas relacionadas[editar | editar a fonte]

O medio maratón é tamén unha proba recoñecida oficialmente. Así mesmo, gozan de popularidade o ultramaratón e mais o ironman.

Distancias olímpicas para o maratón

Ano Distancia
(km)
1896 40
1900 40,26
1904 40
1906 41,86
1908 42,195
1912 40,2
1920 42,75
1924 e sucesivas 42,195

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para maratón.
  2. 2,0 2,1 "Olympic Marathon (excerpt)". Charlie Lovett. Greenwood Publishing Group, Inc. 1997. Consultado o 1 de novembro de 2010. 
  3. Karl Lennartz. "Two Women Ran the Marathon in 1896" (PDF). International Society of Olympic Historians ISOH. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de abril de 2017. Consultado o 10 de abril de 2017. 
  4. "World Best Progressions- Road". Association of Road Racing Statisticians. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2018. Consultado o 1 de novembro de 2010. 
  5. Krise, Raymond and Squires, Bill (1982). Fast Tracks: The History of Distance Running Since 884 B.C., S. Greene Press, p. 43, ISBN 0828904820.
  6. Gross, Albert C. (1986) Endurance, Dodd Mead, ISBN 0396088880.
  7. "Olympic Champion Joan Benoit Samuelson To Be Guest of Honor at Manchester Marathon — Registration Closed". Cool Running. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 07 de agosto de 2018. 
  8. "Oldest marathon". Libro Guinness. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Livestrong: Marathon statistics