Lesoto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Muso oa Lesotho
Kingdom of Lesotho
Reino de Lesoto
Bandeira de Lesoto Escudo de Lesoto
Bandeira Escudo
Lema: Khotso-pula-nala
Himno nacional: Lesotho Fatse La Bontata Rona
 
Lesotho (orthographic projection with inset).svg
 
Capital
 • Poboación
Maseru
180.000 hab (2004)
Cidade máis poboada Maseru
Linguas oficiais
sesotho, inglés
Forma de goberno monarquía parlamentaria
Letsie III
Pakalitha Mosisili
independencia
- data
do Reino Unido
4 de outubro de 1966
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 141º
30.355 km²
n/d
909 km km
0 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 141º
2.031.348
73 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2013)
 • PIB per cápita

US$ 2.616.000.000[1]
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2013)
 • PIB per cápita

US$ 4.277.000.000[1]
US$ 2.244[1]
IDH (2013) 0,486 (162º) – Medio
Moeda Loti (LSL)
Xentilicio lesotense
Fuso horario UTC + 2
Dominio de Internet .ls
Prefixo telefónico +266
Prefixo radiofónico 7PA-7PZ
Código ISO 426 / LSO / LS
Membro de: ONU, UA, Commonwealth
Tódolos países do mundo

Lesoto cuxo nome oficial é Reino de Lesoto (en Sesotho: Muso oa Lesotho, ``O País dos que falam Sesotho´´), está situado no sur de África e encravado dentro da África do Sur, membro da mancomunidade de nacións británica, este país era coñecido antes como Basutolandia.

Historia[editar | editar a fonte]

A terra de Basutolandia foi renomeada como reino de Lesoto despois da súa independencia do Reino Unido no 1966. O rei Moshoeshoe exiliouse no 1990. No 1993, o goberno constitucional foi restaurado despois un período de espera de 23 anos durante os que o dirixiron os militares. No 1998, protestas violentas asociadas provocaron a intervención breve, mais sanguenta, do exército surafricano no momento das eleccións. Outra reforma constitucional restableceu a estabilidade do país.

Política[editar | editar a fonte]

Dende o 7 de febreiro do 1996, o rei Lestue III reina sobre o Lesoto sucedendo ao seu pai.

Os partidos políticos do Lesoto son:

Subdivisións[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Subdivisións de Lesoto.

O reino de Lesoto atópase dividido en 10 distritos:

Distritos do país
Localización dos principais centros urbanos
Divisións administrativas do país
Distrito Capital Superficie (km²) Poboación (hab.)
1. Berea Teyateyaneng 2222 300.000
2. Butha-Buthe Butha-Bethe 1767 130.000
3. Leribe Hlotse 2823 450.000
4. Mafeteng Mafeteng 2119 330.000
5. Maseru Maseru 4279 500.000
6. Mohale's Hoek Mohale's Hoek 3530 310.000
7. Mokhotlong Mokhotlong 4075 130.000
8. Qacha's Neck Qacha's Neck 2349 110.000
9. Quthing Quthing/Moyeni 2916 200.000
10. Thaba-Tseka Thaba-Tseka 4270 170.000

Xeografía[editar | editar a fonte]

O releve do Lesoto é moi montañoso, o chamase « Un reino no ceo », o que o describe moito, xa que todo o país está a máis de 1400m de alto. O seu punto cumio é o Tabana Ntlenyana de 3482m de alto.

O inverno é de xuño a agosto, con temperaturas preto dos 0 °C. Entón podes ver a neve sobre das montañas. A estación das choivas comeza en outubro e remata en abril.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Lesoto.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da demografía entre 1961 e 2003 (cifra da FAO, 2005). Poboación en milleiros de habitantes.

Máis do 99% da poboación de Lesoto son etnicamente basotho; outros grupos étnicos inclúen europeos e asiáticos. A poboación do país é 80% cristiá, a maioría deles católicos romanos. Outras relixións son o islam, o hinduísmo e varias crenzas indíxenas. O sesotho e o inglés son os idiomas oficiais, outros idiomas inclúen o zulú e xhosa.

O problema da SIDA[editar | editar a fonte]

Do mesmo xeito que en moitos outros países do África subsahariana, a SIDA converteuse nun auténtico problema. A data de hoxe, o 29% da poboación é portadora do virus ou desenvolveu a enfermidade, e os datos de organismos internacionais estiman que a porcentaxe subirá ata o 35% nos próximos anos. A consecuencia máis palpable deste fenómeno é a espectacular caída da esperanza de vida ata os 37 anos.

O goberno nacional tardou en recoñecer a gravidade do problema, e as súas medidas para frear as consecuencias de devandita enfermidade non comezaron a levarse a cabo ata 1999. En devandito ano, organismos gobernamentais finalizaron o seu plan estratéxico contra a SIDA, reforzado nos vindeiros anos con novas propostas tanto no ámbito da educación, a prevención ou o tratamento. A este problema, debe sumarse a falta de persoal médico especializado no país.

  1. 1,0 1,1 1,2 "Lesotho". Fondo Monetario Internacional. http://www.imf.org/external/pubs/ft/weo/2013/01/weodata/weorept.aspx?pr.x=26&pr.y=10&sy=2009&ey=2012&scsm=1&ssd=1&sort=country&ds=.&br=1&c=666&s=NGDPD%2CNGDPDPC%2CPPPGDP%2CPPPPC%2CLP&grp=0&a=. Consultado o 17 de abril de 2013.