Mozambique - Moçambique
| República de Moçambique República de Mozambique |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mozambique é un país da costa oriental da África Austral. Limita ao norte con Zambia, Malaui e Tanzania, ao leste co Canal de Mozambique e co océano Índico, ao sur e oeste con Sudáfrica e ao oeste con Suazilandia e Cimbabue. Máis alá do canal de Mozambique, o país ten ao leste as illas Comores, Madagascar, a posesión francesa de Mayotte e o departamento tamén francés de Reunión e as súas dependencias Xuan de Nova, Basas da Índia e Illa Europa. A súa capital é Maputo.
Índice |
[editar] Historia
A historia de Mozambique encóntrase documentada, polo menos, dende o século X, cando un estudoso viaxante árabe, Al-Masudi describiu unha importante actividade comercial entre as nacións da rexión do Golfo Pérsico e os "Zanx" da "Bilad as Sofala", que abranguía grande parte da costa norte e centro do actual Mozambique.
Porén, varios achádegos arqueolóxicos permiten caracterizar a prehistoria de Mozambique dende moitos séculos antes da escrita. Probablemente o evento máis importante desa prehistoria foi o asentamento nesta rexión dos pobos Bantú que, non só foron agricultores, senón que tamén introduciron a metalurxia do ferro, entre os séculos I a IV.
A penetración portuguesa en Mozambique, iniciada nos comezos do século XVI, só en 1885 - coa partilla de África polas potencias europeas durante a Conferencia de Berlín - transformouse nunha ocupación militar, ou sexa, na submisión total dos estados alí existentes, que levou, nos comezos do século XX, a unha verdadeira administración colonial.
Despois dunha guerra de liberación que durou preto de 10 anos, Mozambique tornouse independente o 25 de Xuño do 1975.
Ademais de membro da Unión Africana, Mozambique é tamén membro fundador da SADC - Comunidade para o Desenvolvemento da África Austral.
[editar] Política
- Artigo principal: Política de Mozambique.
A Frelimo foi o movemento que loitou pola liberación desde o comezo da década de 1960. Despois da independencia, a Frelimo tornouse nun partido político e pasou a controlar o poder. Samora Machel ocupou a presidencia do país ata a sua morte no 1986. A Frelimo permaneceu no poder ata hoxe, tendo gañado en tres ocasións as eleccións multi-partidarias realizadas en 1994, 1999 e 2004. A Renamo é o principal partido de oposición.
[editar] Subdivisóns
- Artigo principal: Subdivisións de Mozambique.
Mozambique está dividido en 11 provincias: Cabo Delgado, Gaza, Iñambane, Manica, Maputo (cidade), Maputo (provincia), Nampula, Niasa, Sofala, Tete, e Zambézia.
[editar] Xeografía
- Artigo principal: Xeografía de Mozambique.
O país localízase na costa leste de África, na maior chaira costeira do continente (a metade do territorio do país encóntrase a 230 m sobre o nivel do mar). A cadea montañosa coñecida como Inyanga atópase ao oeste do país, alcanzando o seu máximo pico 2500 m. As maiores elevacións montañosas están a carón de Zimbabwe, Zambia e Malawi.
As costas son moi irregulares, estando cubertas por grandes pantanos. As praias son turísticas, con area fina branca e augas cristalinas,
O país está dividido polo río Zambeze.
Mozambique ten unha estación cálida e chuviosa dende novembro a marzo, e unha fresca con ventos secos dende xullo a setembro.
[editar] Economía
É unha das máis pobres do mundo.
- Artigo principal: Economía de Mozambique.
[editar] Cultura
| Data | Nome en portugués | Observacións |
|---|---|---|
| 1 de xaneiro | Día da Fraternidade universal | |
| 3 de febreiro | Día dos Heroes Mozambicanos | En homenaxe a Eduardo Mondlane |
| 7 de abril | Día da Muller Mozambicana | En homenaxe a Xosina Machel |
| 1 de maio | Día Internacional dos Traballadores | |
| 25 de xuño | Dia da Independencia Nacional | |
| 25 de setembro | Día das Forzas Armadas de Liberación Nacional | En homenaxe ao inicio da Loita Armada de Liberación Nacional |
| 4 de outubro | Día da Paz | En homenaxe ao Acordo Xeral de Paz |
| 25 de decembro | Día da Familia |
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Mozambique.mz
- Parlamento Mozambicano
- Imaxes de Mozambique
- Pemba - Unha das máis belas cidades de Mozambique
|
|||||
|
||||||||