Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os XXIV Xogos Olímpicos de Sidney, Australia, realizados entre o 15 de setembro e o 1 de outubro do ano 2000 e tamén coñecidos como Xogos do Milenio, foron os maiores organizados até o de entón, con 10.651 atletas de 199 países competindo en 300 eventos deportivos. Sucedéronse nunha atmosfera pacífica e estiveron ben organizados.
Australia, país anfitrión, preparouse para os seus Xogos coa intención de tornarse unha potencia olímpica e conquistou a espectacular marca de 58 medallas, sendo 16 de ouro, ficando na cuarta posición no cadro de medallas final dos Xogos, a mellor participación da súa historia.
Proceso de candidatura[editar]
Ademais de Sidney, catro cidades máis tentaron realizar os Xogos da XXVII Olimpíada: Beijing (China), Berlín (Alemaña), Istambul (Turquía) e Manchester (Inglaterra). A escolla de Sidney como sede foi unha sorpresa, pois a favorita era Beijing.
Curiosidades[editar]
Estadio Olímpico de Sidney cheo durante a competición de Atletismo.
- O facho olímpico foi acendido pola descendente de aborixes Kathy Freeman - nun simbólico mea culpa dos australianos pola dominación e case extinción da raza indíxena que habitaba Australia antes da chegada dos brancos - que despois gañaría a medalla de ouro nos 400 metros lisos.
- As dúas Coreas entraron no estadio unidas baixo a mesma bandeira por primeira vez nos Xogos, mais competiron separadas.
Disputa do
balonmán durante os Xogos de Sidney 2000.
- Steve Redgrave, de Gran Bretaña, conquista a súa quinta medalla de ouro consecutiva en cinco Xogos consecutivos no remo.
- O loitador de taekwondo Hieu Ngan Tran, gañou a primeira medalla, de prata, de Vietnam, dende a primeira participacióno do país en 1952.
- Eric Moussambani, nadador de Guinea Ecuatorial, tiña aprendido a nadar apenas seis meses antes do inicio dos Xogos e durante as competicións de Sidney foi a primeira vez que nadaba en piscinas con distancia oficial (en Guinea Ecuatorial non existían piscinas olímpicas). O nadador competiu nos 100 m libres só, xa que os dous competidores da súa serie foran desclasificados. Case afoga, chegando cun tempo de máis do dobre que os demais clasificados, mais pola súa simpatía e polo espírito olímpico converteuse nun dos destaques da competición.
Modalidades disputadas[editar]
Cadro de medallas[editar]
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
|
|
|
|
|
|
| Xogos Olímpicos de Verán |
|
|
|
| Xogos Olímpicos de Inverno |
|
|
|
|
|