Xogos Olímpicos de Inverno de 1960

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xogos Olímpicos de Inverno de 1960
Olympic rings with white rims.svg
Squaw Valley 1960
Cidade Squaw Valley, Estados Unidos de América Estados Unidos
Estados Participantes 30
Atletas 665
Eventos 24 en 4 deportes
Cerimonia de apertura 18 de febreiro
Cerimonia de clausura 28 de febreiro
Apertura oficial Vicepresidente Richard Nixon
Xuramento do atleta Carol Heiss
Entrada do Facho Olímpico Ken Henry
Local Blyth Arena

Os VIII Xogos Olímpicos de Inverno celebráronse en Squaw Valley, no estado de California en Estados Unidos, entre o 18 e o 28 de febreiro de 1960. Elixiuse na sesión do COI de 1955. Debido á escaseza de infraestruturas a cidade víuse sometida a unha gran transformación coa construción dunha estrada, hoteis, pontes e instalacións deportivas como o palacio de xeo, a pista de patinaxe de velocidade e o trampolín de saltos.[1] As cerimonias de inauguración e clausura foron producidas por Walt Disney. [2] Foi a primeira vez que os deportistas tiveron a súa disposición unha vila olímpica, así como os primeiros xogos nos que se utilizaron ordenadores para levar o control dos resultados.

Elección da sede[editar | editar a fonte]

Elección da sede dos Xogos Olímpicos de Inverno de 1960[3]
Cidade País Ronda 1 Ronda 2
Squaw Valley Estados Unidos de América Estados Unidos 30 32
Innsbruck Austria Austria 24 30
Garmisch-Partenkirchen República Federal de Alemaña República Federal Alemá 5
St. Moritz Suíza Suíza 3

Facho Olímpico[editar | editar a fonte]

Do 31 de xaneiro ao 18 de febreiro, 700 relevistas levaron o facho olímpico nun percorrido de 960 km que comezou en Noruega (Morgedal - Oslo) e atravesou o estado estadounidense de California (Os Ánxeles - Fresno - Squaw Valley). Foi a última vez que o facho das olimpíadas foi acendido en Noruega ata o facho non oficial de Lillehammer no 1994).

Deportes[editar | editar a fonte]

Recordo dos Xogos Olímpicos no exterior da vila olímpica de Squaw Valley.

Países participantes[editar | editar a fonte]


Cadro de Medallas[editar | editar a fonte]

Cadro de Medallas Olympic rings with white rims.svg
Posición País   Gold     Silver     Bronze   Total
1 Unión Soviética Unión Soviética 7 5 9 21
2 Flag of German Olympic Team 1960-1968.svg Equipo Unificado Alemán 4 3 1 8
3 Estados Unidos de América Estados Unidos 3 4 3 10
4 Noruega Noruega 3 3 0 6
5 Suecia Suecia 3 2 2 7
6 Finlandia Finlandia 2 3 3 8
7 Flag of Canada.svg Canadá 2 1 1 4
8 Suíza Suíza 2 0 0 2
9 Austria Austria 1 2 3 6
10 Flag of France.svg Francia 1 0 2 3

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Judd (2008) pp. 27–28
  2. Judd (2008) p. 28
  3. IOC Vote History
  4. Atletas provenientes da RDA e a RFA competiron xuntos como o "Equipo Unificado de Alemaña". Este equipo combinado apareceu nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1956, 1960 e 1964.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]