22 de xaneiro
Aparencia
<< | Xaneiro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 | ||||
2024 Todos os días |
O 22 de xaneiro é o 22º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 343 días para finalizar o ano, 344 nos anos bisestos.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1188 - Afonso VIII e coroado rei de Galiza e León.
- 1532 - Martim Afonso de Souza funda São Vicente, a primeira cidade do Brasil.
- 1905 - Comeza a Revolución de 1905 na Rusia, coa ocupación do Palacio de Inverno en San Petersburgo.
- 1926 - Parte de Palos de la Frontera (Huelva) o hidroavión Plus Ultra, que chegaría a Buenos Aires o 10 de febreiro, completando así o primeiro voo entre España e América.
- 1941 - O Reino Unido captura Tobruk dos nazis, na segunda guerra mundial.
- 1961 - Un grupo de portugueses e galegos comandados por Henrique Galvão asalta o Santa María, nun intento de derrocar as ditaduras de Francisco Franco e Salazar.
- 1967 - Masacre da Avenida Roosevelt en Managua.
- 2005 - Presentación oficial da asociación Galiza Por Palestina no hotel Araguaney de Santiago de Compostela.
- 2006 - Evo Morales, líder indíxena, asume a presidencia de Bolivia.
- 2006 - Kobe Bryant marca 81 puntos nun partido da NBA. Establecendo a segunda maior marca de anotacion na historia da liga.[1][2]
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1592 - Pierre Gassendi, sacerdote católico, filósofo e matemático francés (m. 1655).
- 1729 - Gotthold Ephraim Lessing, escritor e crítico alemán (m. 1781).
- 1756 - Pedro Bazán de Mendoza, político e escritor galego (m. 1835).
- 1775 - André-Marie Ampère, físico francés (m. 1836).
- 1788 - Lord Byron, poeta inglés (m. 1824).
- 1849 - August Strindberg, escritor sueco (m. 1912).
- 1855 - Aureliano Pereira, político, xornalista e escritor galego (m. 1906).
- 1879 - Francis Picabia, pintor francés (m. 1953).
- 1891 - Antonio Gramsci, político, pedagogo, filósofo, teórico do marxista (m. 1937).
- 1898 - Lois Carré Alvarellos, etnógrafo e escritor galego (m. 1965).
- 1909 - Morris Swadesh, lingüista norteamericano (m. 1967).
- 1936 - Darío Álvarez Gándara, médico e escritor galego.
- 1936 - Alan J. Heeger, físico estadounidense.
- 1941 - Kathleen Barry socióloga feminista estadounidense.
- 1953 - Jim Jarmusch, director e guionista estadounidense.
- 1956 - Maximino Zumalave, director de orquestra e pianista galego.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1516 - Fernando II de Aragón, rei Católico (n. 1452).
- 1636 - Gregorio Fernández, escultor galego.
- 1812 - Gregorio Ferro, pintor neoclasicista galego (n. 1742).
- 1815 - Carlos Amarante, enxeñeiro e arquitecto portugués (n. 1748).
- 1901 - A Raíña Vitoria, do Reino Unido.
- 1925 - Fanny Bullock Workman, escaladora e escritora estadounidense (n. 1859)
- 1942 - André Bellessort, poeta e novelista francés (n. 1866).
- 1973 - Lyndon B. Johnson, presidente dos Estados Unidos (n. 1908)
- 1981 - María Moliner, lexicógrafa española (n. 1900).
- 2013 - Senén Bernárdez Álvarez, farmacéutico e político galego (n. 1930).
- 2018 - Ursula K. Le Guin, escritora estadounidense de ciencia ficción (n. 1929).
- 2021 - Antonio Dorado Fidalgo, mestre, comerciante, labrego e político (n. 1929)
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]- Ucraína - Día nacional.
Santoral
[editar | editar a fonte]- San Vicente Palotti.
- San Víctor.
Outros
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ EFE (23 de xaneiro de 2006). "Kobe Bryant logra la segunda mejor marca de la historia de la NBA al conseguir 81 puntos". La Vanguardia. Consultado o 22 de xaneiro do 2020.
- ↑ YouTube. «Kobe Bryant 81» (en inglés) (Consultado: 22 de xaneiro do 2020).