Xosé Luís Méndez Ferrín: Diferenzas entre revisións
Desfíxose a edición 4741913 de Ogalego.gal (conversa) +ref na BVG Etiqueta: Desfacer |
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9) |
||
Liña 163: | Liña 163: | ||
* Premio Losada Diéguez de creación literaria no 2006, por ''Contra Maquieiro''. |
* Premio Losada Diéguez de creación literaria no 2006, por ''Contra Maquieiro''. |
||
* [[Premio Nacional de Literatura]] en [[2008]]. |
* [[Premio Nacional de Literatura]] en [[2008]]. |
||
* Premio Fernández Latorre 2010 [http://www.fundacionsantiagoreyfernandezlatorre.com/premios/ano2010.shtml]. |
* Premio Fernández Latorre 2010 [https://web.archive.org/web/20120620203314/http://www.fundacionsantiagoreyfernandezlatorre.com/premios/ano2010.shtml]. |
||
* Premio [[Ramón Otero Pedrayo]] no [[2013]]. |
* Premio [[Ramón Otero Pedrayo]] no [[2013]]. |
||
* Premio ''Brais Pinto'' no 2013. |
* Premio ''Brais Pinto'' no 2013. |
Revisión como estaba o 8 de setembro de 2018 ás 10:00
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938,[1] é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000,[1] e presidente da mesma dende o 23 de xaneiro de 2010[2][3] até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente.[4] O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.[5]
Traxectoria
De neno viviu na casa materna na rúa da Reza de Ourense. O seu pai, Venancio Méndez Feijóo, era fillo dun comerciante de Vilanova dos Infantes; e a súa nai, María Ferrín Novoa, era filla do mestre e xornalista Ángel Ferrín Moreiras[6]. Na cidade de Ourense fixo o primeiro curso de Bacharelato, e en 1949 trasladouse coa súa familia a Pontevedra, onde rematou os estudos de grao medio no Instituto da cidade. Nesa etapa foi tomando conciencia da realidade lingüística e cultural e do papel que o galeguismo de preguerra, coa silenciada figura de Castelao ao fondo, desempeñara na reconstrución nacional. Alí formouse na biblioteca de Andrés e Jesús Muruais, e publicou os seus primeiros textos na revista Litoral co pseudónimo de Laín Feixoo.
En 1955 a súa familia trasladouse a Vigo, e el foi estudar Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Alí tomou contacto co galeguismo cultural nucleado na Editorial Galaxia en torno á figura de Ramón Piñeiro, pero non tardou en reclamar unha nova articulación da oposición política ao franquismo e do propio nacionalismo, o que provocou a súa expulsión, xunto con outros mozos, do Consello da Mocedade. En 1956 foi primeiro premio de poesía nas Festas Minervais de Santiago. En 1957 foi vivir a Madrid e tres anos despois licenciouse en Filoloxía Románica. Nesta cidade mantivo estreito contacto cos focos galeguistas e de esquerda alí localizados. Así, en 1958, creouse o grupo Brais Pinto, constituído en torno á editorial do mesmo nome. En 1961 seguiu un curso de cultura inglesa na Universidade de Oxford, e entre 1963 e 1965 fixo diversas viaxes por Europa. Tras facer o servizo militar nas illas Canarias, entre 1962 e 1964 foi mestre no Colexio Fingoi de Lugo, até que en 1965 obtivo a Cátedra de Lingua e literatura Española do Instituto Santa Irene de Vigo instalándose finalmente nesa cidade.
Debido á súa actividade política foi procesado en tres ocasións -a última, cando xa estaban en vigor as institucións democráticas españolas-, sufrindo torturas e varios ingresos no cárcere. Durante a súa estancia no penal de El Dueso (Cantabria) escribiu Retorno a Tagen Ata.
Recentemente xubilou e retirouse do seu posto de profesor de literatura no Instituto Santa Irene. Tamén é columnista no xornal Faro de Vigo e dirixe a revista de pensamento crítico A Trabe de Ouro, que ten marcado de xeito notábel na última década o devir da nosa cultura coa difusión de problemas e investigacións sobre cuestións diversas con aproximacións interdisciplinares e baixo unha dupla perspectiva nacional e universal. Ferrín é membro da Real Academia Galega e Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo. É Doutor en Filoloxía.
Xosé Luís Méndez Ferrín foi proposto ó Premio Nobel de Literatura pola Asociación de Escritores en Lingua Galega.[7] Foi galardoado con moitos premios coma o Premio da Crítica, Premio da Crítica Española, Premio da Crítica de Galicia, Premio Losada Diéguez ou o Premio Eixo Atlántico. No 2008 recibiu o Premio Nacional de Literatura,[8] que integra os Premios Nacionais da Cultura Galega.
Actividade política
Xa en 1958 formaba parte do grupo plástico-literario Brais Pinto, de tendencia nacionalista e moi influído pola estética beat. Nas súas viaxes por Francia e Inglaterra tomou contacto co marxismo, un feito transcendental para a súa biografía mais tamén para a evolución do nacionalismo galego na segunda metade do século XX. En sintonía con exiliados coma Luís Soto, Méndez Ferrín xulgou única saída posible para a Galicia contemporánea a fusión entre galeguismo radical e marxismo-leninismo, consonte os movementos de liberación nacional que triunfaban en Cuba, Vietnam ou Alxeria. Este proceso ideolóxico culminou, en 1964, na creación da Unión do Povo Galego. Debido á súa actividade política, Ferrín foi acusado de propaganda ilegal en 1967 e estivo detido na prisión do Príncipe de Vigo. En 1968 foi procesado por rebelión militar pero a causa finalmente foi sobresida. En 1969, durante o estado de excepción, volve ser detido, xulgado e condenado a dous anos de cárcere por propaganda ilegal, dos que cumpriu parte en diversos penais.
En 1972, debido ás folgas de maio e setembro en Vigo, houbo contra el unha orde de busca e captura o que o obrigou a pasar á clandestinidade. En 1977 participou na formación da Unión do Povo Galego-liña proletaria, que se converterá en 1978 no Partido Galego do Proletariado, e en 1979 na Organización de Liberación Nacional Galicia Ceibe. En 1980 foi detido baixo a acusación de tenza de armas, pasou tres meses no cárcere de Segovia antes de ser posto en liberdade, xulgado pola Audiencia Nacional quedou absolto. Na actualidade sostén iniciativas políticas e sociais como as Redes Escarlata e é membro destacado da organización política FPG (Frente Popular Galega).
Vida persoal
En 1962 casou con María Xosé Queizán, e tiveron unha filla e un fillo, Cristal (1964) e Roi. En 1983 casou coa profesora e sindicalista Moncha Fuentes Arias, e foron pais da poeta Oriana Méndez.[9]
Estilo literario
Narrativa
Toda a narrativa de Ferrín réxese, en xeral, por uns mesmos principios que lle confiren certa unidade: no transcorrer da mesma vanse repetindo temas, personaxes, espazos e técnicas narrativas. Asemade toda ela liga coa tradición literaria galega e coa literatura universal do século XX. As principais características son:
- Preocupación crítica e revolucionaria polos problemas de Galiza.
- Intertextualidade: repítense personaxes e espazos, e incorpóranse tamén outros pertencentes a outras obras literarias de todos os tempos.
- Flutuación entre o real e o ficticio.
- Recorrencia ó mundo onírico, ás veces difícil de distinguir do real.
- Presenza do misterioso, do inexplicable, e predominio da violencia e a morte.
- Creación de espazos literarios (Tagen Ata, Terra Ancha...), e abundancia de espazos pechados.
- Nas tres primeiras obras as personaxes son antiheroes, mentres que a partir de Retorno a Tagen Ata aparecen con frecuencia o heroe revolucionario e os seus antagonistas: o traidor e o inimigo.
- Ás veces as personaxes sofren metamorfoses e transfórmanse.
- Desenlaces sorprendentes e paradoxais.
Obras publicadas
Poesía
- Voce na néboa, 1957, Alba, Vigo.
- Antoloxía Popular, 1972, Patronato da Cultura Galega de Montevideo. Co heterónimo de Heriberto Bens.
- Sirventés pola destrucción de Occitania, 1975, Roi Xordo.
- Con pólvora e magnolias, 1976, Imprenta Minerva. Premio da Crítica.[10] Traducido ao castelán no 1994, en Hiperión.
- Poesía enteira de Heriberto Bens, 1980, Xerais.
- O fin dun canto, 1982, Edicións Nós, A Coruña.
- Erótica, 1992.
- Estirpe, 1994, Xerais. Premio Losada Diéguez.
- O outro, 2002.
- Contra Maquieiro, 2005, Xerais. Premio Losada Diéguez.
- Era na selva de Esm, 2005, Espiral Maior.
- Poesía fundamental: 1976-2005, 2011, Calambur. Edición bilingüe galego-castelán de Eloísa Otero e Manuel Outeiriño.
Narrativa
- Percival e outras historias, 1958, Galaxia. Traducido ao castelán como Percival en su bosque, 1997, Alianza.
- O crepúsculo e as formigas, 1961, Galaxia.
- Arrabaldo do norte, 1964, Galaxia.
- Retorno a Tagen Ata, 1971, Edicións Castrelos.
- Elipsis e outras sombras, 1974, Galaxia.
- Antón e os inocentes, 1976, Xistral.
- Crónica de nós, 1980, Xerais.
- Amor de Artur, 1982, Xerais. Tradución ao castelán no 1990, publicada en Debate, obra de M. Fuentes e Xavier Rodríguez Baixeras. Traducida tamén no 1988 como L'Amor del rei Artús i altres relats, publicada na Universitat de València.
- Amor de Artur. Fría Hortensia, 1987, Xerais.
- Bretaña Esmeraldina, 1987, Xerais. Premio Crítica Galicia. Traducida ao castelán en 1987 e ao catalán en 1988, por Xavier Rodríguez Baixeras; e no 1991 ao portugués por José Carlos González.
- Contos, 1988, Xerais.
- Arraianos, 1991, Xerais. Premio Crítica Galicia, Premio Losada Diéguez, Premio da Crítica Española. Traducida ao castelán no 1994 en Ronsel, por Luisa Castro.
- No ventre do silencio, 1999, Xerais. Premio Eixo Atlántico de narrativa galega e portuguesa “Carlos Blanco”. Traducido ao portugués no 2000, como No ventre do silêncio, en Don Quixote.
Literatura infanto-xuvenil
- Arnoia, Arnoia, 1985, Xerais. Traducida ao castelán en Anaya, no 1990, por Xavier Rodríguez Baixeras
Ensaio
- De Pondal a Novoneyra, 1984, Xerais.
- Vigo: fronteira do alén, 1988, Ir Indo, con fotografías de Xulio Gil Rodríguez.
- A poesía galega vista desde os relanzos derradeiros do século XX, 2000, Real Academia Galega.
- Co son honrado das antigas falas, 2001, Fundación Otero Pedrayo.
- Un escritor nos xornais: artigos periodísticos (2000), 2001, Universidade de Santiago de Compostela.
- Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos, 2007, Xerais.
- Nós, Galiñeiro, 2012, Instituto de Estudos Miñoranos.
Edición
- O Cancioneiro de Pero Meogo, 1966, Galaxia.
Conversas
- Xosé Luís Méndez Ferrín, con Xoán Manuel Casado e X. M. Salgado, 1989, Sotelo Blanco.
- Conversas con Méndez Ferrín: historia, literatura, nación, con Xosé Manuel del Caño, 2005, Xerais.
Tradución
- Canción galega: comedia en prosa dividida en tres actos, de José G. Posada-Curros e Luis de Gálvez Rodríguez, 1991, Vigo.
- A raposa e as uvas, de Guilherme Figueiredo, 1994, Teatro Keyzán.
- Nin me abandonarás nunca, de José G. Posada Curros e Luis de Gálvez, 1995, Xunta de Galicia.
- Taronja de cel de novembre. Laranxa de ceo de novembro, de Lluis Alpera, 1999, 7 i mig, Valencia. Edición bilingüe.
Obras colectivas
- O porvir da lingua galega, 1968, Círculo de las Artes, Lugo.
- Catro narracións, 1977, Edicións do Castro.
- Antoloxía da poesía galega actual. Nordés, 1978, Edicións do Castro.
- I Festival de Poesía no Condado, 1981, S. C. D. Condado.
- II Festival da Poesía do Condado, 1982, S. C. D. Condado.
- III Festival da Poesía no Condado, 1983, S. C. D. Condado.
- VI Festival da Poesía no Condado, 1986, S. C. D. Condado.
- VIII Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética, 1988, S. C. D. Condado.
- Sede central. 1, 1988, Clube Cultural Adiante.
- IX Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética, 1989, S. C. D. Condado.
- Celanova, 1989, Ir Indo.
- Celso Emilio Ferreiro (1912-1979: unha fotobiografía, 1989, Xerais.
- Sede Central. Relatos 2, 1990, Clube Cultural Adiante.
- XI Festival da Poesia no Condado, 1991, S. C. D. Condado.
- Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade, 1995, Edicións do Castro.
- Relato contemporáneo, 1995, Xerais.
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais.
- 16 poemas galegos para Ernesto Che Guevara contra a súa morte (1967-1973), 1997, Universidade de Santiago de Compostela.
- Alguén agarda que volva alí, 1998.
- Clásicos e modernos: tres leituras poéticas, 1999, Universidade da Coruña.
- Novos exercicios de estilo, 2000, Universidade da Coruña.
- A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia.
- Poetas e narradores nas súas voces. I, 2001, Consello da Cultura Galega.
- Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, 2003, Tris Tram. Edición ao coidado de Arturo Casas.
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
- Xuro que nunca volverei pasar fame, 2003, Difusora.
- Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais.
- De Manuel María a Ferrín: a grande xeración, 2006, Real Academia Galega. Con Darío Xohán Cabana.
- Poemas pola memoria (1936-2006), 2006, Xunta de Galicia.
- Poetízate. Antoloxía da poesía galega, 2006, Xerais.
- 25 anos. Mostra Internacional de Teatro Ribadavia, 2009, Difusora. Con Inma López Silva e Roberto Pascual.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
- Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones.
- Á beira de Beiras. Homenaxe nacional, 2011, Galaxia.
- Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.
- Vieiros de palabra. Terra de Celanova-Baixa Limia en letras de autor, 2012, Librería Conde, Celanova.
- Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza.
- Arredor das Irmandades da Fala, 2016, Xerais.
- 1936. O Estatuto esquecido, 2016, Guiverny.
Premios
- Accésit no Premio Modesto R. Figueiredo do 1975, por Sibila.
- Premio da Crítica no 1976, por Con pólvora e magnolias.
- Premio Álvaro Cunqueiro (1983), concedido pola Xunta de Galicia e rexeitado polo autor por motivos políticos.
- Premio Celanova, Casa dos Poetas (1985).
- Premio Pedrón de Ouro en 1987.
- Premio da Crítica de Galicia de creación literaria no 1988, por Bretaña, Esmeraldina.
- Lista de honor do IBBY no 1988, por Arnoia, Arnoia.
- Premio Losada Diéguez de creación literaria no 1991, por Arraianos.
- Premio da Crítica de narrativa galega (1991) e (1999).
- Premio da Crítica de poesía galega (1994).
- Premio Losada Diéguez de creación literaria no 1995, por Estirpe.
- Premio Eixo Atlántico no 1999, por No ventre do silencio.
- II premio Roberto Blanco Torres de Xornalismo de Opinión (2000), por Un escritor nos xornais: artígos periodísticos.
- Premio Trasalba en 2001.
- Premio Losada Diéguez de creación literaria no 2006, por Contra Maquieiro.
- Premio Nacional de Literatura en 2008.
- Premio Fernández Latorre 2010 [1].
- Premio Ramón Otero Pedrayo no 2013.
- Premio Brais Pinto no 2013.
- Premio Laxeiro no 2018 pola súa traxectoria literaria.
Predecesor: Xosé Ramón Barreiro Fernández |
Presidente da RAG 2010–2013 |
Sucesor: Xesús Alonso Montero |
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Real Academia Galega (ed.). "Páxina adicada a Méndez Ferrín na RAG". Consultado o 13-07-2012.
- ↑ "Mendez Ferrín opta polo continuísmo" (en galego). Vieiros. Consultado o 13 de xullo de 2012
- ↑ Real Academia Galega (ed.). "Organización da Real Academia Galega". Consultado o 13-07-2012.
- ↑ "Méndez Ferrín dimite como presidente da RAG", artigo en Praza Pública, 25 de febreiro de 2013.
- ↑ Ferrín consuma a súa dimisión e denuncia que a RAG está en perigo
- ↑ Salgado e Casado, 1989. Páx. 14.
- ↑ Piden el Nobel para Ferrín, alegando que "sufrió prisión por la defensa del gallego" (en castelán)
- ↑ "Méndez Ferrín gana el Premio Nacional de Literatura" (en castelán). El País. Consultado o 13 de xullo de 2012.
- ↑ Blanco, C. (1994): "A espiral permanente: aproximación literaria á figura de X. L. Méndez Ferrín". Anuario de Estudios Literarios Galegos, 1993, 11-45.
- ↑ Ficha na Biblioteca Virtual Galega
Véxase tamén
Bibliografía
- F. Freixanes, Víctor (1976). Unha ducia de galegos. Vigo, Ed. Galaxia. ISBN 978847154248X.
- Salgado, X. M. e Casado, X.-M. (1989): X. L. Méndez Ferrín. Santiago de Compostela, Sotelo Blanco Edicións. ISBN 9788478240209
Outros artigos
Ligazóns externas
- Xosé Luís Méndez Ferrín
- Escritores de Galicia en lingua galega
- Membros de número da Real Academia Galega
- Poetas de Galicia
- Premios Nacionais da Cultura Galega
- Premio Trasalba
- Presidentes da Real Academia Galega
- Nados en Ourense
- Pedrón de Ouro
- Nados en 1938
- Doutores honoris causa pola Universidade de Vigo
- Membros correspondentes da Real Academia Galega