Oriana Méndez
Oriana Méndez | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Oriana Méndez Fuentes |
Nacemento | 28 de outubro de 1984 |
Vigo | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | poeta e escritora |
Pai | Xosé Luís Méndez Ferrín |
Nai | Moncha Fuentes |
Irmáns | Cristal Méndez Queizán |
Xéneros | Poesía |
Estudos | Filoloxía galega |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Oriana Méndez Fuentes, nada en Vigo o 28 de outubro de 1984, é unha filóloga, poeta e política galega. Secretaria xeral da Frente Popular Galega dende setembro de 2021[1].
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Filla do escritor Xosé Luís Méndez Ferrín e de Moncha Fuentes.[2] Licenciada en Filoloxía Galega pola USC e cun mestrado en Estudos Teóricos e Comparados, o seu labor poético comezou no ano 2000 na revista cultural A Caramuxa, de Noia. A esa intervención seguiranlle colaboracións en publicacións colectivas de grupos coma Burla Negra, e na revista Mealibra, así como en numerosos recitais poéticos e proxectos de acción poética, coma "A revolta das letras" que tivo lugar en Santiago de Compostela co motivo do Día das Letras Galegas do ano 2009 e desenvolveu eventuais labores de crítica para a revista ProTexta.[3] En 2018 colaborou na revista Ligeia.[4]

Participou, ademais, en diversas mesas redondas e encontros sobre poesía, coma no III Encontro de novos escritores, ou na mesa de poesía do ciclo Escritores na Universidade, organizados ambos pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).

No ano 2003 colaborou na elaboración do libro Xuro que nunca volverei pasar fame publicado por Redes Escarlata, organización da que tamén foi membro.
En 2014 gañou o Premio de poesía Concello de Carral co poemario O que precede a caída é branco. En 2019 gañou o Premio Rosalía de Castro de Poesía convocado polo concello de Padrón coa colaboración da Fundación Rosalía de Castro coa obra titulada O corazón pronúnciase extenso. En 2020 gañou o premio de poesía Afundación con Interna.[5]
No 2019, presentouse como número 2 da Marea de Vigo ás Eleccións municipais de 2019 e saíu elixida concelleira.
Obras[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Derradeiras conversas co Capitán Kraft (2007). Galaxia. 66 páxs. ISBN 978-84-7154-062-1.[6]
- Cero (2011). Galaxia. 84 páxs. ISBN 978-84-9865-348-9.[7]
- O que precede a caída é branco (2015). Espiral Maior. ISBN 978-8492646937.[8]
- O corazón pronúnciase extenso (2020).
- Interna (2020). PEN Galicia, Xunta de Galicia e Afundación. 66 páxs. ISBN 978-84-09-24151-4.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Xuro que non volverei pasar fame (2003). Difusora.
- Letras novas (2008). Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- En defensa do Poleiro (2010). Toxosoutos.
- Novas de poesía. 17 poetas (2013). Fundación Uxío Novoneyra.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015). Libro electrónico.
- De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (2015). Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega.
Tradución[editar | editar a fonte]
- O amante de Marguerite Duras (Kalandraka, 2020)[9]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Oriana Méndez, nova secretaria xeral da FPG: "A nosa aposta pola fronte popular era e é honesta"". Nós Diario. 7 de setembro de 2021.
- ↑ Blanco, C. (1994): "A espiral permanente: aproximación literaria á figura de X. L. Méndez Ferrín". Anuario de Estudios Literarios Galegos, 1993, 11-45.
- ↑ "Oriana Méndez". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-04-11.
- ↑ "Oriana Méndez". Ligeia. Revista de Literatura (1). Xuño/setembro 2018. ISSN 2603-7416.
- ↑ Oriana Méndez gaña o premio Afundación
- ↑ "Catálogo de libros: Ficha dun libro". web.archive.org. 2008-04-23. Consultado o 2019-04-11.
- ↑ "Oriana Méndez presenta CERO". Editorial Galaxia. 2011-09-29. Consultado o 2019-04-11.
- ↑ Nicolás, Ramón (2015-09-02). "O que precede á caída é branco, de Oriana Méndez". Caderno da crítica. Consultado o 2019-04-11.
- ↑ Ficha Arquivado 02 de xuño de 2020 en Wayback Machine. da obra na páxina web da editorial.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oriana Méndez ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Oriana Méndez". Editorial Galaxia.
- Carlos Lorenzo Pérez (9 de marzo de 2018). "Vértice de versos. Entrevista a Oriana Méndez". Vimeo.
- Montse Dopico (17 de abril de 2020). "Escribo sobre a subalternidade porque é o único que me interesa no mundo". Praza Pública.