Xavier Rodríguez Baixeras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xavier Rodríguez Baixeras
Nacemento 1945
Lugar Tarragona
Nacionalidade España
Ocupación escritor e tradutor
editar datos en Wikidata ]

Francisco Xavier Rodríguez Baixeras, nado en Tarragona en 1945, é un poeta e tradutor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Tarragona, onde estaba destinado como militar o seu avó paterno, orixinario de Nois (Foz). O seu pai, secretario de administración local, exercía na Pobra do Caramiñal, a súa nai era catalá. A familia marcha despois a Ribadeo. Alí fai os estudos primarios. En 1957 trasladáronse a Segovia ao ser nomeado o pai secretario da Deputación. En Segovia estuda o bacharelato. Pasa pola Universidade de Valladolid, e despois pola de Madrid, onde se licenciou en Filoloxía Románica.

En Madrid retomou o contacto con Galicia a través das clases que na delegación da UNESCO dirixía Ben-Cho-Shey. Tamén coñeceu a Reimundo Patiño, o último dos Brais Pinto en Madrid. En 1970 trasladouse novamente coa familia á Coruña, onde comezou a impartir clases no instituto Ramón Puga. Ao aprobar as oposicións obtivo praza en Palma, onde viviu tres anos. En 1977 trasladouse a Vigo onde entrou en contacto con escritores e xente da cultura, e comezou a escribir libros en galego e a súa actividade como tradutor. Desde 2006, unha vez xubilado como profesor, alterna a súa residencia entre Galicia e Salvador de Bahía (Brasil).

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Como tradutor[editar | editar a fonte]

Traduciu ao galego a autores italianos e cataláns, e a autores galegos ao castelán e ao catalán.

Edicións[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • III Festival da Poesía no Condado (1983, S. C. D. Condado).
  • IV Festival da Poesía no Condado (1984, S. C. D. Condado).
  • Escolma de poesía galega (1976-1984) (1984, Sotelo Blanco).
  • V Festival da Poesia no Condado (1985, S. C. D. Condado).
  • VII Festival da Poesia no Condado (1987, S. C. D. Condado).
  • VIII Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1988, S. C. D. Condado).
  • Sede central. 1 (1988, Clube Cultural Adiante).
  • IX Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1989, S. C. D. Condado).
  • Sis poetes gallecs (1990, Editorial Columna). Edición bilingüe galego-catalán.
  • XI Festival da Poesia no Condado (1991, S. C. D. Condado).
  • XIV Festival da Poesia no Condado (1994, S. C. D. Condado).
  • Los caminos de la voz: seis poetas gallegos de hoy (1995. Diputación de Granada). Edición bilingüe galego-castelán, a cargo de Luciano Rodríguez Gómez.
  • Construír a paz (1996, Xerais).
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996, Xerais).
  • Manuel María (2001, Ophiusa).
  • Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I) (2001, Consello da Cultura Galega).
  • Galicia: nai e señora (2002, Nigra).
  • Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000 (2003, Tris Tram). Por Arturo Casas.
  • Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (2003, Consello da Cultura Galega).
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003, Fundación Araguaney).
  • Son de poesía (2005, Edições Fluviais, Lisboa).
  • Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000 (2008, Universidade da Coruña).
  • Cociñando ao pé da letra (2011, Galaxia). Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
  • Preludios para Miguel Anxo Fernán-Vello (2011, Laiovento).
  • Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega (2013, Toxosoutos).

Premios[editar | editar a fonte]

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • La ciudad sumergida (1971, Salamanca). Premio de Poesía El Álamo nese mesmo ano.

Traducións[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É irmán do pintor Rafael Baixeras.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]