Víctor Freixanes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Víctor Fernández Freixanes")
Víctor Freixanes
Víctor Freixanes.jpg
Datos persoais
Nacemento 24 de agosto de 1951 (65 anos)
Lugar Pontevedra Galicia Galicia
Cónxuxe María Dolores Cabrera Iglesias
Actividade
Lingua Galego
Xéneros Narrativa
Presidente da Real Academia Galega

Víctor Fernández Freixanes, nado o 24 de agosto de 1951 en Pontevedra, é un xornalista, editor e escritor galego. É irmán do pintor Xosé Freixanes. En 2017 foi elixido presidente da Real Academia Galega.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación e escrita[editar | editar a fonte]

Licenciado en filoloxía románica en 1973 pola Universidade de Santiago de Compostela. Tras unha estancia en Madrid traballou no departamento de actividades culturais de Radio Popular de Vigo e foi profesor colaborador do ICE en Vigo. Desde entón iniciou un intenso labor xornalístico en prensa, radio e televisión. En 1976 saíu do prelo o seu primeiro libro, Unha ducia de galegos, un libro de entrevistas e en 1980 publicou Memoria dun fuxido. Gañou o premio Modesto R. Figueiredo en 1978 con A caza de cascudas. Con O triángulo inscrito na circunferencia (1982) gañou o premio Blanco Amor. O enxoval da noiva (1988) e A cidade dos césares (1993) son outras dúas novelas salientables de Freixanes.

Freixanes en 2009.

Actividades[editar | editar a fonte]

Profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, presentou na Televisión de Galicia o programa dedicado aos libros e á literatura A Trabe de Ouro (1986-1987). Foi director xeral de edicións Xerais (1989-1993), director de edicións do Grupo Anaya e de Alianza Editorial (1994-1998), e foi director xeral da editorial Galaxia de 2002[2] a 2016[3]. No ano 2004 leu o discurso de ingreso na Real Academia Galega.

Obras[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

A cidade dos Césares foi incluída na Biblioteca Galega 120.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pardo, Miguel (28 de marzo de 2017). "Freixanes, elixido novo presidente da RAG, apela á "unidade" e reivindica o "continuísmo"". Praza Pública. Consultado o 29 de marzo de 2017. 
  2. Unha editorial líder Editorial Galaxia.[Ligazón morta]
  3. Francisco Castro novo director da Editorial Galaxia, nova na páxina web da Editorial Galaxia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]