Cristal Méndez Queizán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cristal Méndez Queizán
Cristal Méndez Quizán.jpg
Nome completoCristal Méndez Queizán
Nacemento6 de outubro de 1964
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncantante, poeta e escritora
PaiXosé Luís Méndez Ferrín
NaiMaría Xosé Queizán
IrmánsOriana Méndez
editar datos en Wikidata ]

Cristal Méndez Queizán, nada en Vigo o 6 de outubro de 1964, é unha cantante e poeta galega[1]. É filla de Xosé Luís Méndez Ferrín e María Xosé Queizán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Viviu en Berlín, onde comenzou a cantar e a compoñer. Ao regreso regreso a Galicia, comezou a súa carreira como cantautora e no grupo Mar de fondo. Co grupo de jazz Crazy Coração gravou un disco de swing e bossa. Publicou poemas en revistas como Dorna ou Festa da Palabra Silenciada.e no ano 1997 publica o seu libro de poesìa “Amizade con Mowgli” na editorial Espiral Maior de A Coruña.

Dirixiu e interpretou o espectáculo de música e poesía A lei da selva (1999) que presenta no Conservatorio de Música de Vigo e a performance de canto e poesía Andamos a moer xunto con outros poetas galegos no marco do “World Poetry Day” organizado polo Pen Club da UNESCO en Galiza.(2001), formando parte tamén do espectáculo colectivo de poesía “Prole” (2001) no Teatro Principal de Pontevedra.

Actúa tamén, como intérprete e compositora en espectáculos e montaxes teatrais como Libreacan (2002) dirixida por Amparo Murieta no teatro “Mercat de les Flors” de Barcelona, ou Cabral capricornio (2003) no que interpreta, xunto a actriz Laura Cuervo, o espectáculo baseado en textos seus e dirixido por Afonso Becerra, que se representa na noite poética de Becerreá. Presenta a performance “Tres mulleres e un sombreiro” (2010) no Auditorio do Museo do mar da cidade de Vigo no marco da presentación da revista “Festa da Palabra Silenciada”. Xunto a bailarina Mercé de Rande crea e presenta a performance Ocos (2020) na exposición "Diario de artista" do artista Buciños no C.C Marcos Varcárcel de Ourense.

Desde o ano 2000 viviu en Barcelona, onde foi profesora de canto diplomándose en “MESTRA ESPECIALITAT D’EDUCACIÓ MUSICAL” pola Universidade de Barcelona. Tamén viviu dez anos en Roma cursando alí, no ano 2011, un Master Oficial de 1º Nivel en “Artiterapie” (terapias artísticas) na universidade de Roma2. Durante este período a súa actividade profesional foi case exclusivamente o ensino de canto moderno no International Music Institute da cidade de Roma.

Paralelamente á formación académica, ten unha extensa formación musical, acadada no Estudio Escola de Compostela, dirixido por Suso Atanes (1991 a 1999)), e no Taller de Musics de Barcelona,(1999 a 2001) a parte dos cursos especializados en técnica vocal ·como son o 2º nivel Estill Vocal Training Sistems (Barcelona, 2004), Improvisación Jazz con Bob Stolov (Roma,2014/15) e CVT con C. Sadolín (Roma 2014).

En 2018, retorna a Galicia para se establecer no Baixo Miño e continuar coa súa actividade como ensinante de canto.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Amizade con Mowgli (Espiral Maior, 1997)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Galicia: mujeres poetas. Cristal Méndez". The Barcelona Review (en castelán) (44). 
  2. Redacción (20 de marzo de 2019). "Cristal Méndez Queizán imparta un obradoiro de canto para adultos coa colaboración da agrupación musical de Goián". noticiasvigo.es. Consultado o 19 de outubro de 2020.