Xulio Gil Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xulio Gil Rodríguez
Nacemento 1954
Lugar Ourense
Ocupación Fotógrafo
Cónxuxe(s) Mercedes Álvarez Álvarez (1981-1991)
Xela Arias (1992-2002)
Fillo(s) Elena Gil Álvarez (1983)
Darío Gil Arias (1994)

Xulio Gil Rodríguez, nado en Ourense en 1954 e veciño de Vigo, é un matemático e fotógrafo galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De pai vigués, viviu a infancia e a adolescencia na Rúa Aragón da cidade de Vigo. Estudou Enxeñería para logo pasar a Matemáticas. En Santiago de Compostela coñeceu ao arqueólogo Antón Rodríguez Casal, que lle transmitiu a paixón pola prehistoria que o levou a comezar a relación co mundo da arte.

Expuxo por primeira vez en 1976 na Praza da Princesa de Vigo. Ten obra súa a Colección Caixanova e o Museo de Pontevedra.[2]

En 1992 casou coa poeta Xela Arias, con quen en 1994 tivo un fillo, Darío, separándose no ano 2002.

Obra bibliográfica[editar | editar a fonte]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Foi Premio da Crítica Galicia en Artes Plásticas e Visuais na XXXVI Edición, do ano 2013: " tendo en conta a calidade e orixinalidade da súa obra fotográfica, no marco dun longo proxecto de corenta anos que sigue vivo.".[8]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]