Luís Soto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Luís Soto Fernández, nado en Podentes (A Bola) o 7 de decembro de 1902 e falecido o 12 de novembro de 1981, foi un político e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con catro irmáns, estudou o Bacharelato en Celanova e despois emigrou a Arxentina. Regresou e fíxose mestre, e deu clase en Buscalque (Lobios), Penosiños e Mondariz (1934-1936). Comezou a súa traxectoria política no PCE durante a II República Española. Na guerra civil agochouse disfrazado de crego en Vilanova dos Infantes. Despois pasou a Tourém (Portugal), e de aí a Lisboa e despois a Francia. Logo no exilio foi secretario de Castelao. Residente en México, tivo unha pequena participación na Revolución Cubana ao enviar o primeiro material médico os guerrilleiros de Serra Maestra. En 1960 autorizaron a súa entrada en España, pero en 1966 foi expulsado e non puido regresar ata a morte de Franco.

Foi un dos fundadores da UPG en 1964, marchando dela en 1976 xunto con outros militantes para fundar a UPG-liña proletaria logo rebautizada como Partido Galego do Proletariado, partido marxista-leninista e independentista galego.

Actividade xornalística[editar | editar a fonte]

Con 17 anos publicou na Arxentina El Eco, de tendencia socialista. En Galicia dirixiu o periódico El Soviet, e colaborou en Escuela del Trabajo e Ateo. En México colaborou en España Popular, Nuestra Bandera, Loita, Boletín Galego de Información, Saudade e foi o principal animador da revista Vieiros, xunto a Carlos Velo, Arturo Souto e Florencio Delgado Gurriarán.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Castelao, a UPG e outras memorias, 1983.

Homenaxes[editar | editar a fonte]

  • Dedicóuselle unha rúa no concello de Celanova.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]