Editorial Toxosoutos
(Redirixido desde "Toxosoutos")
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Para o artigo sobre a parroquia de Lousame, vexa Toxos Outos
A editorial Toxosoutos é unha casa editorial nacida en 1988 no Obre (Noia) con fortes vencellos con Gráficas Sementeira. É un dos membros da Asociación Galega de Editores.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Está centrada en temas relacionados coa historia de Galicia, a lingüística galega, a literatura galega, o mundo celta ou biografías.
Ten as seguintes coleccións:
- Fasquía (biografías);
- Cruceiro do Rego;
- Divulgación;
- Delfín;
- Ensino;
- Keltia (de temática celta);
- Nume;
- Seitura;
- Trasmontes;
- Trivium;
- Filolóxica;
- Lingüística;
- Narrativa;
- Memoralia; e
- cómics d´Os barbanzóns de Pepe Carreiro.
Promove desde o ano 2001 o premio Historia Medieval de Galicia. Os seus principais números de ISBN son 605, 89129, 95622 e 96259.