Carmen Blanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carmen Blanco
Carmen Blanco García.JPG
Datos persoais
Carmen Blanco García
Nacemento 1954
Lugar Lugo
Cónxuxe Claudio Rodríguez Fer [1]
Fillos unha [1]
Actividade
Lingua Galego
Xéneros Ensaio, poesía, narrativa

Carmen Blanco García, nada en Lugo o 12 de maio de 1954, é unha escritora e feminista galega autora de poesía, narrativa e ensaio, e profesora da Universidade de Santiago de Compostela.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Forma parte do movemento de liberación das mulleres dende os anos setenta e, como ensaísta, centrouse especialmente nas interrelacións de poder, muller, sexo, lugar, memoria, cultura, arte e literatura, temática na que profundizou nun camiño libertario na súa obra ensaística e literaria. Centrouse tamén en literatura e cultura galegas, tendo colaborado, asemade, en numerosos libros colectivos, actas de congresos, revistas especializadas e xornais.

A súa obra poética consta dos poemarios Estraña estranxeira (BVG, 2004), Un mundo de mulleres (Biblos, 2011) e Lobo amor (Unión Libre, 2011). A súa obra narrativa está conformada por Vermella con lobos (Xerais, 2004) e Atracción total (Xerais, 2008).

Esta placa co texto "Amo, mais non teño amo", de Carmen Blanco, foi instalada nun monólito o 25/11//2008 en memoria das vítimas da violencia de xénero, na praza de Emilia Pardo Bazán do Carballiño.

Exerce como profesora titular de Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela no Campus de Lugo e foi profesora agregada de Lingua e Literatura Española, con primeiro destino en Santiago de Compostela e segundo en Chantada (Lugo), e de Lingua e Literatura Galega de ensino medio, con destino en Lugo, así como titular destas últimas disciplinas na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo. Coordina, co poeta Claudio Rodríguez Fer, a publicación intercultural e libertaria Unión Libre, Cadernos de vida e culturas,[2] dende 1996.

Cultivou a creación plástica deseñando e ilustrando os poemarios Tigres de ternura (Reprografía 1846, 1981, 1982), Historia da lúa (Galaxia, 1984), Vulva (Libros da cebra, 1990) e A muller núa (Compostela, 1992) de Claudio Rodríguez Fer, ao igual que o Manifesto por un movemento vital (1990) deste mesmo autor.

A súa heterónima Emma Luaces, que leva o nome en homenaxe á anarquista rusa Emma Goldman e á xenealoxía materna da autora, publicou versións de Safo en Do amor e da literatura (Linteo, 2007) e poemas da serie “Lobo azul” (Unión Libre, 2005).

Fixo a letra do himno galego da Marcha Mundial das Mulleres, "Marchando máis alá" (2000), e é secretaria da Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo. Formou parte do Consello da Memoria, recibiu o Premio Galiza Mártir da Fundación Alexandre Bóveda (2014) e é autora, con Rodríguez Fer, da exposición “Vermellas” (2009) e do libro “Vivas en nós” (2011), en homenaxe ás mulleres represaliadas polo levantamento militar de 1936.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Vermella con lobos (Xerais, 2004).
  • Atracción total (Xerais, 2008).

Poesía[editar | editar a fonte]

Conversas[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Do amor e da literatura (Linteo, 2007).

Edicións[editar | editar a fonte]

  • Códice Calixtino, de Luz Pozo Garza (Xerais, 1992).
  • Umha voz na Galiza, de Ricardo Carvalho Calero (Sotelo Blanco, 1992).
  • Antoloxía poética, de Uxío Novoneyra (A Nosa Terra/AS-PG, 1997).
  • Historias fidelísimas, de Luz Pozo Garza (PEN Clube de Galicia, 2003).
  • Memoria solar, de Luz Pozo Garza (Linteo, 2004).

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Con Claudio Rodríguez Fer[editar | editar a fonte]

  • Tigres de ternura (Reprografía 1846, 1981, 1982). Deseñadora.
  • Con pólvora e magnolias, de Xosé Luís Méndez Ferrín (Xerais, 1989). Coeditora.
  • Os eidos, de Uxío Novoneyra (Xerais, 1990). Coeditora.
  • Vermellas (Universidade de Santiago de Compostela, 2009).
  • Vivas en nós (Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, 2011).

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Edicións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 70-71. ISBN 84-8064-113-4. 
  2. Unión libre. Cadernos de vida e culturas
  3. Versión en castelán como El contradiscurso de las mujeres (Nigra, 1997), traducida por Olga Novo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]