Ordem e Progresso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O lema Orde e Progreso, utilizado na bandeira do Brasil, está inspirado por Auguste Comte.

Ordem e Progresso (en galego: Orde e Progreso) é o lema nacional da República Federativa do Brasil dende o momento da súa formación.

Orixe[editar | editar a fonte]

O lema está inspirado por un lema do filósofo francés Auguste Comte. Ten a súa orixe nalgunhas persoas pertencentes ao movemento que depuxo a Monarquía e proclamou a República no Brasil, seguidores dos ideais de Comte.[1]

Significado[editar | editar a fonte]

O lema é a forma abreviada dun adaxio do positivista Auguste Comte: "O Amor por principio e a Orde por base; o Progreso por fin" (en francés: L'amour pour principe et l'ordre pour base; le progrès pour but.). O seu significado ten que ver coa realización dos ideais republicanos: a busca de condicións sociais básicas (respecto aos seres humanos, salarios dignos etc.) e a melloría do país (en termos materiais, intelectuais e, principalmente, morais).[2]

A expresión é utilizada como lema na bandeira do Brasil, idealizada por Raimundo Teixeira Mendes e pintada por primeira vez polo artista Décio Villares.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]