Pedro II do Brasil
| Pedro II do Brasil | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
| Emperador Constitucional e Defensor Perpetuo do Brasil | |||
| Período: | 7 de abril de 1831 - 18 de xullo de 1841 (Aclamación) - 15 de novembro de 1889 | ||
| Antecesor: | Pedro I do Brasil | ||
| Sucesor: | — | ||
| Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
| Período: | |||
| Antecesor: | |||
| Sucesor: | |||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 2 de decembro de 1825 | ||
| Lugar: | Río de Xaneiro, Brasil | ||
| Falecemento: | 5 de decembro de 1891 | ||
| Lugar: | Paris, Francia | ||
| Organización: | |||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | Teresa Cristina de Bourbón e Dúas Sicílias | ||
| Parella: | {{{parella}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | |||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | |||
| Relixión: | {{{relixión}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
D. Pedro II do Brasil, coñecido como O Magnánimo (Pazo de São Cristóvão, Río de Xaneiro, 2 de decembro de 1825 — París, 5 de decembro de 1891) foi o segundo e último emperador do Brasil. O seu nome completo era Pedro de Alcântara João Carlos Leopoldo Salvador Bibiano Francisco Xavier de Paula Leocádio Miguel Gabriel Rafael Gonzaga de Bragança e Habsburgo.
Traxectoria[editar]
Pedro II foi o sétimo fillo de Pedro I e da arquiduquesa María Leopoldina de Austria. Polo lado paterno, era sobriño de Miguel I de Portugal e polo lado materno, primo dos emperadores Napoleón II de Francia, Francisco Xosé I de Austria e Maximiliano I de México. Tamén era tío dos reis de Portugal Pedro V e Luís I.
Pedro II foi un home intelectual, amante da ciencia e un apaixoado da historia natural, as artes e a liberdade de información, tolerante e aberto ás transformacións da vida social.
Era un rapaz de cinco anos cando se converteu no emperador do Brasil ao suceder ao seu pai, que abdicara o 7 de abril de 1831 ao seu favor para retomar a coroa de Portugal, á cal renunciara no nome da filla máis vella María da Gloria. Durante a infancia do emperador unha serie de rexentes administraron o goberno de acordo coa constitución. O 18 de xullo de 1841 Pedro II foi consagrado e coroado. Casou o 4 de setembro de 1842 en Río de Xaneiro coa princesa Tareixa Cristina de Borbón e Dúas Sicilias, do Reino das Dúas Sicilias. Dese matrimonio nacerán os príncipes Afonso (1845-1847), Isabel (1846-1921), Leopoldina (1847-1871) e Pedro (1848-1850). Isabel, máis coñocida como Princesa Isabel, casou co príncipe francés Luís Filipe María Fernando Gaston de Orleans, conde D'Eu, fillo de Luís Carlos Filipe Rafael, duque de Nemours.
Pedro foi un simpatizante declarado da abolición da escravitude, cando por fin Brasil a aboliu en 1888 perdeu o apoio dos grandes propietarios agrícolas e ao ano seguinte un golpe de Estado de carácter conservador proclamou a república o 15 de novembro de 1889, o emperador e toda a familia imperial foi expulsada prohibíndolle voltar ao Brasil.
| Predecesor: Pedro I do Brasil |
Emperador do Brasil 1831-1889 |
Sucesor: Republica |
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |