Pernambuco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pernambuco
Bandeira de Pernambuco.svg Brasao.pe.jpg
Capital Recife
Área 98 281 km²
Poboación 8 413 593 (2005)
Densidade 80,65 hab/km²
Fuso horario GMT-3 (exceto a illa
de Fernando de Noronha,
que está en GMT-2)
Gobernador Eduardo Campos
Mapa
Brazil State Pernambuco.svg


Pernambuco é un estado brasileiro localizado no centro-leste da rexión Nordeste. Ten como límites: Paraíba e Ceará (NO), Océano Atlántico (L), Alagoas e Bahia (S), e Piauí (O). Ocupa unha área de 98 281 km2 (un pouco máis grande que a Hungría).

A súa capital é Recife. As cidades mais poboados son: Recife, Jaboatão dos Guararapes, Olinda, Caruaru, Paulista, Petrolina, Cabo e Vitória de Santo Antão. A illa de Fernando de Noronha forma parte administrativa do estado de Pernambuco.

Índice

Xeografía [editar]

Relevo e hidrografía
O relevo do estado é moderado: 76% do territorio están abaixo dos 600m. Os ríos principais son o São Francisco, Capibaribe, Ipojuca, Una, Pajeú e o Jaboatão.

Clima [editar]

O clima é basicamente tropical, presentando tamén variantes nalgunhas áreas: as cidades de Triunfo e Gravatá, por exemplo, presentan un clima máis ameno influenciado pola altitude. A pluviosidade tamén é variada. Na Zona da Mata (rexión plana xunta a costa, ao leste do estado) e no Agreste (zona de transición situada no interior), o clima é predominantemente tropical - quente e húmido, con fortes choivas de inverno. Na maior parte do sertão (centro e oeste do estado), o clima é semiárido - quente e bastante seco, debido ás poucas choivas. Nalgunhas rexións, as precipitacións anuais son inferiores a 300 mm. As secas máis intensas poden durar máis dun ano.

As excepcións na zona do sertão son algunhas cidades con clima de altitude, con temperaturas que poden caer a 8° C durante o inverno, como Triunfo, e nas beiras do río São Francisco, área máis húmida que as veciñas por conta do río.

Historia [editar]

En 1534 a capitanía de Pernambuco foi doada a Duarte Coelho, quen fundou Recife e Olinda, e iniciou a cultura da cana de azucre, que tivo importante papel na historia económica do país.

Entre 1630 e 1654, quedou baixo dominio holandés, pasando por importantes transformacións culturais, económicas e sociais no goberno do conde Maurício de Nassau. Ó final, os holandeses foron expulsados. O sentimento nativista e autonomista, derivado da expulsión dos holandeses, acabou provocando a Guerra dos Mascates, entre as cidades de Olinda e Recife, nos anos 1710 e 1711.

A partir dese momento e coa decadencia da produción azucareira, a rexión entrou en declive. No século XIX, Pernambuco foi escenario dunha serie de revoltas separatistas, verificadas en 1811 (Conspiración dos Suasunas), 1817 (Revolución Pernambucana), 1825 (Confederación do Ecuador) e 1848 (Revolución Praieira).

Despois da independencia do Brasil en 1822 tornouse provincia do Imperio. Coa república en 1889, tornouse estado.

Economía [editar]

PIB 1999
Agropecuaria 7,7%
Industria 33,3%
Comercio e Servizos 59%

A economía baséase na agricultura (cana de azucre, mandioca), gandería, na industria (alimenticia, química, metalúrxica, electrónica, téxtil) e turismo. O pau-brasil, que despertou a cobiza dos europeos posibelmente ata antes da descuberta do Brasil, hoxe non ten máis importancia económica. Nos últimos anos, o turismo tamén se destaca economicamente.

Agricultura
Dende o inicio da colonización portuguesa, o estado foi basicamente agrícola, destacando na produción nacional de cana de azucre debido ó clima e ao chan fértil. Nas últimas décadas, con todo, esa case monocultura feita para a produción de azucre e alcohol, vén terminando. Estan sendo explorados tamén a extracción doutros produtos vexetais, ademais da floricultura. Tamén ten grande importancia internacional a produción irrigada de froitas - case que totalmente dirixida á exportación - ao longo do río São Francisco e concentrada na cidade de Petrolina, en parte debido ó seu aeroporto internacional, con gran capacidade para avións de carga. O municipio de Gravatá é o segundo máis grande produtor de flores do país, detrás soamente de San Paulo.

Industria
Industrias modernas concéntranse próximo ó porto de Suape, instalado en 1979. As principais industrias son de alimentos, química, de materiais eléctricos, comunicacións, metalurxia e minerios non-metálicos.

Turismo [editar]
Praia de Muro Alto, municipio de Ipojuca.

Nos últimos anos, unha das grandes fontes de renda do estado é o turismo, grazas ós atractivos naturais, históricos e culturais do estado. Este crecemento atraeu grandes redes internacionais de hoteis e levou á modernización e ampliación do aeroporto de Recife.

Os atractivos poden ser agrupados en: