Atol das Rocas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atol das Rocas
Atol
Datos
País Brasil
Illa principal Farol; Cemitério
Linguas
Poboación (2010)
Superficie 0´36 km²
Superficie lagoa 7´5 km²
Nº de illas 2
Coordenadas 03°52′S 33°49′W / 3.867°S 33.817°W / -3.867; -33.817
Maior Altura
Localización
Localización do atol

O Atol das Rocas é un atol no Océano Atlántico localizado a 03°52' S 33°49' O que pertence ao Brasil, facendo parte do estado do Río Grande do Norte, estando a 245 km da cidade de Natal, e a 146 km do arquipélago de Fernando de Noronha.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Ten unha forma oval, con 3´7 km por 2´5 km, e unha superficie total de 7´5 km², dos cales apenas uns 360 mil m² son terra firme e o resto é a lagoa interior do atol. Foi descoberto en 1503. O océano próximo ao atol non é moi profundo, tornándose perigoso para a navegación.

As súas augas próximas son un santuario para diversas especies de aves, peixes, quenllass, tartarugas e cangrexos, e forman a primeira reserva biolóxica mariña creada no Brasil. En 2001 a UNESCO declarouno patrimonio da humanidade. O atol consiste principalmente de coral e algas vermellas. O anel de coral está case fechado e conta con dúas canles naturais, unha de 200 m. no norte e outra moito máis estreita no oeste.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]