Pedro I do Brasil
| Pedro I do Brasil | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
| Emperador Constitucional e Defensor Perpetuo do Brasil | |||
| Período: | 7 de setembro de 1822 - 7 de abril de 1831 | ||
| Antecesor: | Xoán VI de Portugal (Emperador titular) | ||
| Sucesor: | Pedro II do Brasil | ||
| Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
| Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e dos Algarbes, d'Aquén e d'Alén-Mar en África, Señor da Guiné e da Conquista, Navegación e Comercio da Etiopia, Arabia, Persia e India, etc. | |||
| Período: | 10 de marzo de 1826 - 28 de maio de 1826 | ||
| Antecesor: | Xoán VI de Portugal | ||
| Sucesor: | María II de Portugal | ||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 12 de outubro de 1798 | ||
| Lugar: | Queluz, Portugal | ||
| Falecemento: | 24 de setembro de 1834 | ||
| Lugar: | Queluz, Portugal | ||
| Organización: | |||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | María Leopoldina de Austria Amélia de Leuchtenberg |
||
| Parella: | {{{parella}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | |||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | |||
| Relixión: | {{{relixión}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
D. Pedro I do Brasil e IV de Portugal, nado en Queluz, o 12 de outubro de 1798 e falecido na mesma vila o 24 de setembro de 1834, foi un rei portugués que ostentou o trono dese país e mais do Brasil independente. Foi alcumado O Rei Soldado.
Índice |
Primeiros anos [editar]
Pedro I naceu no Pazo de Queluz, preto de Lisboa. O seu pai era o rei Xoán VI e a súa nai a infanta Carlota Joaquina, filla do rei Carlos IV de España. O seu nome completo era Pedro de Alcântara Francisco António João Carlos Xavier de Paula Miguel Rafael Joaquim José Gonzaga Pascoal Cipriano Serafim de Bragança e Bourbon.
Aos nove anos, en 1807, a familia real trasladouse a Brasil fuxindo das Guerras Napoleónicas. Permaneceron no país durante 13 anos. A súa presenza converteu a Río de Xaneiro na capital de facto do imperio portugués e elevou a Brasil a un status igual ao de Portugal dentro do reino, que pasou a denominarse Reino Unido de Portugal, Brasil e Algarve.
Foi no Río, o 5 de novembro de 1817, onde Pedro casou coa súa primeira muller, Leopoldina, duquesa de Austria e filla do emperador Francisco I. Desta unión naceron:
- Maria da Gloria. Princesa do Grão Pará e futura raíña de Portugal, co nome de María II.
- Januaria.
- Francisca Carolina
- Pedro de Alcántara. Futuro emperador do Brasil co nome de Pedro II.
- Amelia de Brasil.
O seu pai concedeulle o antigo título de príncipe do Brasil.
Independencia de Brasil [editar]
Cando o rei Xoán VI retornou finalmente a Portugal, a principios da década de 1820, a maioría dos privilexios que se lle concederan ao Brasil foron suprimidos, o que provocou a ira dos nacionalistas. Pedro, que permanecía no país como rexente, aliouse cos nacionalistas e apoiou o movemento constitucionalista portugués para liderar unha revolta na cidade do Porto en 1820. Presionado pola corte portuguesa para retornar, Pedro negouse. Retiróuselle o cargo de rexente, e quedou como un simple representante da corte de Lisboa en Brasil. O coñecer a noticia, o 7 de setembro de 1822, colleu a súa espada e exclamou: "Independencia ou morte!"[Cómpre referencia]. Foi proclamado emperador do Brasil o 12 de outubro e coroado formalmente o 1 de decembro.
Regreso a Portugal [editar]
Tras una crise política que terminou coa dimisión dos ministros, e en medio dunha forte crise económica, Pedro abdicou do trono de Brasil en favor de seu fillo Pedro II o 7 de abril de 1831. Regresou a Portugal para loitar contra o seu irmán Miguel que ocupara o trono portugués. O episodio más sobresaínte deste período foi o denominado desembarco da praia da Memória (preto de Matosinhos): o 8 de xullo de 1832 Pedro I guiou un exército que foi chamado os Bravos da Memória e que en 1834 derrotou o seu irmán e colocou no trono a súa filla María.
Pedro I morreu en no mesmo pazo onde naceu, á idade de 36 anos, a causa dunha tuberculose. En 1972 os seus restos trasladáronse a Brasil e foron soterrados no Museo Ipiranga.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- LUSTOSA, Isabel. D. Pedro I: um herói sem nenhum caráter. São Paulo: Companhia das Letras, 2006, ISBN 85-359-0807-2 (en portugués).
- SOUSA, Otávio Tarqüinio de. A vida de D. Pedro I. Rio de Janeiro: José Olympio, 1954 (en portugués).
- CABRAL, Oswaldo Rodrigues. A História da Política em Santa Catarina Durante o Império. Edição em 4 volumes, organizada por Sara Regina Poyares dos Reis. Florianópolis : Editora da UFSC, 2004 (en portugués).
Ligazóns externas [editar]
| Predecesor: - |
Pedro I do Brasil Emperador do Brasil 1822-1831 |
Sucesor: Pedro II do Brasil |
| Predecesor: Xoán VI de Portugal |
Pedro IV de Portugal Rei de Portugal 1826-1826 |
Sucesor: María II de Portugal |