Río Paraná

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Parana
Paraná River, Rosario (1).jpg
O Paranà visto desde Rosario
País Flag of Argentina.svg Arxentina
Flag of Brazil.svg Brasil
Flag of Paraguay.svg Paraguai
Rexión n/d
Nacemento Río Grande e Río Paranaíba
Altitude n/d
Lonxitude 3.940 Km
Caudal medio 17.300 m³/s
Conca 2.582.672
Conca do Prata
Desembocadura Río de la Plata
Mapa do río Paraná.

O río Paraná é un río sudamericano, o segundo máis importante en termos de magnitude tras o río Amazonas. O seu curso transcorre polos territorios de Brasil, Paraguai e a Arxentina, cun percorrido de 2.570 km. A súa lonxitude podería ser considerada superior (3.998 km) se se contase a distancia desde a cabeceira do río Paranaiba, en Brasil. O nome Paraná provén da lingua tupi e significa "como o mar". Na súa conca viven, aproximadamente, 75 millóns de persoas.

Curso[editar | editar a fonte]

O Paraná fórmase da confluencia dos ríos Paranaiba e Grande do Sul, no estado brasileiro homónimo, sito na parte meridional do país. Desde aí o río flúe en dirección suroeste durante uns 619 km antes de chegar á cidade de Saltos del Guaira, no Paraguai. En tempos estaban aí as sete cascatas de Sete Quedas, que foron desfeitas pola posta en marcha, no ano 1984, da presa de Itaipú.

Nos seguintes 190 km o Paraná baixa en dirección sur formando fronteira natural entre o Paraguai e máis o Brasil, até xusto a confluencia con o río Iguazú. Algo antes desta xunta dos ríos, érguese a mole da presa de Itaipú, qu conforma a estación hidroeléctrica maior do mundo, e orixinando unha estensa área de pantanos.

Pouco despois do Iguazú, o río Paraná tórnase fronteira, mais esta vez entre o Paraguai e a Arxentina, para continuar a súa viaxe para o sur ao longo de 468 km adicionais, antes de facer unha grande virada para o oeste duns 820 km de percurso e encontrarse con o Río Paraguai, o maior afluente de toda a súa conca. Máis antes desta confluencia o río pasa por outro grande encoro hidroeléctrico: Yaciretà, un proxecto común entre Paraguai e Arxentina. O nivel do río subíu tanto a causa desta presa, que segundo sexan as choivas asulaga as partes máis baixas das poboacións do sector.

Desde a confluencia con o río Paraguai, o Paraná volta a virar cara o sur por outros 820 km en dirección á Arxentina, efectuando un pequeno xiro ao leste perto da cidade de Rosario. No derradeiro tramo percorre case 500 km antes de unírselle o río Uruguai, formando deseguido o río de la Plata e desembocar no océano Atlántico. Antes disto, e xusto augas abaixo da cidade de Diamante, o curso desdóbrase en diferentes brazos formando o delta do Paraná, unha estensa chaira fluvial duns 60 km de anchura.

Afluentes[editar | editar a fonte]

Entre os numerosos tributarios do Paraná cómpre citarmos:

Explotación dos recursos[editar | editar a fonte]

O Paraná e máis os seus afluentes crean unha grande conca que drena a maior parte do sur da Amèrica do Sur, abranxendo todo o Paraguai, a maioría da parte meridional do Brasil, o norte da Arxentina, e aínda parte de Bolivia.

O volume de auga que entrega no océano Atlántico, por intermediación do río de la Plata é aproximadamente ao que desauga o río Mississippi. Esta conca abastece as grandes cidades de Bos Aires, Asunción e Brasília. As presas de Yacyretá e Itaipú, en Paraguai, converten este país no principal exportador de enerxía de orixe hidroeléctrica do mundo.

Algunhas especies de peixes, como p.e. o surubí e o sábalo) son explotadas masivamente para consumo interno e exportación, dotando de recursos aos pescadores locais.

Navegabilidade[editar | editar a fonte]

O Paraná é navegábel en bastantes tramos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazón externa[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Paraná