Coral (animal)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coral
Brain coral.jpg
Clasificación científica
Dominio: Eukariota
Reino: Animalia
Sub-reino: Metazoa
Filo: Cnidaria
Clase Anthozoa
Subclases e ordes

Subclase Alcyonaria (=Octocorallia)

Orde Alcyonacea
Orde Gorgonacea
Orde Helioporacea
Orde Pennatulacea
Orde Stolonifera
Orde Telestacea

Subclase Zoantharia (=Hexacorallia)

Orde Actiniaria
Orde Antipatharia
Orde Ceriantharia
Orde Corallimorpharia
Orde Ptychodactiaria
Orde Rugosa
Orde Scleractinia
Orde Zoanthidea


Corais ou antozoarios son animais cnidarios e unha das marabillas do mundo submarino. Os corais constitúen colonias coloridas que crecen nos mares e poden formar recifes de grandes dimensións que albergan un ecosistema cunha biodiversidade e produtividade extraordinarias.

O maior arrecife de coral vivo atópase na Gran Barreira de Coral, na costa da Queensland, Australia. A maioría dos corais desenvólvense en augas tropicais e subtropicais, mais poden atoparse pequenas colonias de coral ata en augas frías, como ao longo da Noruega.

De feito, os corais son rochas vivas moi procuradas no comercio acuarista, unha das razóns de que estean ameazados. O coral é o exoesqueleto de colonias de cnidarios.

Bioloxía dos corais[editar | editar a fonte]

Os corais son os membros da clase Anthozoa que constrúen un "esqueleto" que pode ser de materia orgánica ou de carbonato de calcio. Os restantes membros desta clase que non forman exosqueleto son as anemones de mar.

Case todos os antozoarios forman colonias, que poden chegar a tamaños considerables – os arrecifes - mais existen moitas especies en que os pólipos viven solitarios.

Os pólipos teñen a forma dun saco (o celéntero) e unha coroa de tentáculos con cnidocitos (células urticantes) na abertura, que se chama arquéntero. Os antozoarios non teñen verdadeiros sistemas de órganos: nin sistema dixestivo nin sistema circulatorio, nin sistema excretor, unha vez que todas os intercambios de gases e fluidos se dan no celéntero, unha vez que a auga entra e sae do corpo do animal a través de correntes provocadas polos tentáculos.

Non obstante, esta clase de celenterados ten algunhas particularidades na súa anatomía:

O grupo inclúe os importantes construtores de arrecifes, coñecidos como corais hermatípicos, atopados nos océanos tropicais. Os últimos atopados son coñecidos como corais de pedra, visto que o tecido vivo cobre o esqueleto composto de carbonato de calcio. Os corais hermatípicos obteñen moitos dos nutrientes que necesitan de actividade simbiótica coa alga zooxantela.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]