Paraíba
|
|
|||
| Capital | João Pessoa | ||
| Superficie | 56.439,8 km² | ||
| Poboación | 3.444.794 (Censo 2000) | ||
| Densidade de poboación | 61,03 hab./km²; | ||
| Gobernador | Cássio Cunha Lima | ||
| Fuso horario | GMT-3 | ||
| Mapa do Brasil co Estado | |||
|---|---|---|---|
A Paraíba é un estado brasileiro sitúado a leste da Rexión Noreste. Limita ao norte co Rio Grande do Norte, ao leste co océano Atlántico, ao sur con Pernambuco, e ao oeste con Ceará. Ten unha superficie de 56.439,8 km².
A capital é a cidade de João Pessoa. Outras cidades importantes son Campina Grande, Santa Rita, Patos e Souza.
Índice |
Xeografía [editar]
Uns 66% do territorio do estado encóntranse entre os 300 e os 900 metros de altitude. O punto máis alto do estado é o Pico do Jabre, que ten unha altitude de 1.197 msnm.
Relevo [editar]
Grande parte do territorio do estado é constituída por rochas resistentes e moi antigas, do Pre-Cambriano, con máis de 2,5 mil millóns de anos. Elas forman un complexo cristalino que favorece a ocorrencia de minerais metálicos, non metálicos e xemas. Os sitios arqueolóxicos e paleontolóxicos tamén resultan da grande idade xeolóxica destes terreos.
- no litoral, temos a planicie costeira, formada por praias e terras areosas.
- no Agreste temos depresións de relevo e tamén o Planalto de Borborema, con algunhas serras.
- no sertão temos depresións de relevo.
Ríos [editar]
Os ríos do estado corren en dúas direccións:
- os ríos litoráneos nacen no Planalto da Borborema e seguen para o este ata o océano Atlántico. Os principais son o Paraíba (co 360 km de extensión, é o maior do estado), o Curimataú e o Mamanguape. Son ríos perennes, que non desaparecen durante os meses secos.
- os ríos sertanexos seguen para o estado do Rio Grande do Norte. O principal é o Río Piranhas. Son en xeral ríos temporáneos, que desaparecen na estación seca.
Clima [editar]
Tropical húmido no litoral, con chuvias máis abundantes. Despois do Planalto da Borborema (que funciona como unha barreira aos ventos húmidos) o clima tornase semi-árido, con secas que poden durar case un ano.
Vexetación [editar]
O estado presenta apenas uns pequenos remanecentes da floresta tropical orixinal, que existía cando os portugueses arribaron. Outro ecosistema moi modificado é o manglar costeiro, que en algunhas zonas foi aterrado para a ocupación humana.
A vexetación nativa do Planalto da Borborema e do sertão é a caatinga, formada por árbores e arbustos resistentes ás secas prolongadas, que perden as follas para conservar a humidade.