Parati

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parati
Flag of Paraty, Rio de Janeiro.gif Br-rj-pt-brasao.gif
Estado Rio de Janeiro
Área 933,8 km²
Poboación 33 062 (2005)
Altitude 5 msnm
Latitude 23º13' 04" S
Lonxitude 44º19' 05" O
Distancia da cidade do Rio de Janeiro 261 Km
Código postal (CEP) 23.970-000
Administración local Prefeitura Municipal de Parati - Alameda Princesa Isabel s/nº, Pontal
Internet: http://www.paraty.tur.br
Alcalde (Prefeito) José Carlos Porto Neto
Mapa en Río de Xaneiro
RiodeJaneiro Municip Parati.svg


Parati é unha cidade brasileira no litoral sudoeste do estado de Rio de Janeiro, xunto á divisa co estado de Sao Paulo.

Moi antiga para os padróns da América do Sur, a cidade foi poboada entre os anos 1533 e 1560. En 1667 tornouse vila por un decreto do rei de Portugal. Serviu de porto para a exportación do ouro producido en Minas Xerais ata ser substituída nesa función pola cidade do Río de Xaneiro.

As construcións preservadas do período colonial no seu centro histórico, ademais de súas praias e illas, atraen hoxe turistas do Brasil e do exterior, facendo do turismo unha das máis importantes actividades económicas da cidade. Outras actividades económicas son a agricultura (cana de azucre, mandioca e banana) e a produción de augardente de cana.

Grande parte da exuberante vexetación de mata atlántica da cidade está protexida no Parque Nacional da Serra da Bocaina, que se estende ata a cidade de Cunha, no estado de Sao Paulo, a cal se liga por unha estrada precaria. Parati ligase coas cidades litorais do estado de São Paulo e coas cidades de Angra dos Reis e Rio de Janeiro pola estrada BR-101 (coñecida como Rio-Santos), asfaltada dende 1973.

Igrexa de Santa Rita (1722) na cidade de Parati.
Porto de Parati.
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Parati