Animalia
Os animais (Reino Animalia, na clasificación científica dos seres vivos) constitúen un amplo grupo de especies eucariotas, heterótrofas e pluricelulares. Caracterízanse, en xeral, pola súa capacidade para a locomoción, pola ausencia de parede nas súas células e polo seu desenvolvemento embrionario, que atravesa unha fase de blástula e determina un plan corporal fixo (aínda que moitas especies pode acontecer posteriormente metamorfoses). Os animais forman un grupo natural estreitamente emparentado cos fungos e as plantas.
A mobilidade é a característica máis chama a atención dos membros do reino Animalia, pero non é exclusiva do grupo, o que da lugar a que sexan nomeados a miúdo como animais certos organismos que pertencen ao reino Protista (Ver protozoo).
Na fala coloquial emprégase animal contrapoñéndoo o termo humano, pero débese ter en conta que dende o punto de vista científico o ser humano é unha especie máis do reino Animalia.
Índice |
[editar] Estrutura
No seguinte esquema, amósanse as características comúns a todos os animais:
- Organización celular. Eucarionte e pluricelular.
- Nutrición. Heterótrofa por inxestión.
- Metabolismo. Aerobio (consumen osíxeno).
- Reprodución. Todos as especies animais se reproducen sexualmente (algunhas só por partenoxénese), con gametos e cigotos (ciclo diplonte). Algunhas poden, ademais, multiplicárense asexualmente.
- Desenvolvemento. Mediante embrión.
- Tipo de vida. Pluricelulares, con tecidos e normalmente móbiles.
- Estrutura e funcións. Posúen coláxeno como proteína estrutural. Tecidos celulares moi diferenciados. Sen parede celular. Algúns con quitina. Fagocitose, en formas basais. Inxestión con fagocitose ulterior ou absorción en formas derivadas ("máis evolucionadas"), con capacidade de movemento, etc.
[editar] Características
Con poucas excepcións, máis notábeis nas esponxas (filo Porifera), os animais teñen corpos diferenciados en tecidos separados. Estes inclúen músculos, que poden contraérense para controlar o movemento, e un sistema nervioso, que envía e procesa sinais. Soen ter tamén unha cámara dixestiva interna, cunha ou dous aberturas. os animais con este tipo de organización son coñecidos como Eumetazoos, en contraposición aos Parazoos e Mesozoos, que son niveis de organización máis simples dentro dos Metazoos xa que carecen dalgunhas das características mencionadas.
Todos os animais teñen células eucariotas, rodeadas dunha matriz extracelular característica composta de coláxeno e glicoproteínas elásticas. Esta pode calcificarse para formar estruturas como cunchas, ósos e espículas. Durante o desenvolvemento forma unha armazón relativamente flexíbel pola que as células pódense mover e reorganizarse, facendo posíbeis estruturas máis complexas. Isto contrasta cos outros organismos pluricelulares como as plantas e os fungos, cuxas células permanecen no sitio mediante paredes celulares, que desenvolven un crecemento progresivo.
[editar] Clasificación
[editar] Subreino Parazoa ( Parazoos)
- Phylum Porifera (Poríferos ou Esponxas)
- Calcispongiae ou Calcarea (Calcisponxa ou esponxa calcaria)
- Hyalospongiae ou Hexactinellida (Hexactinélida)
- Demospongiae (Demosponxa)
- Sclerospongiae (Esclerosponxa)
[editar] Subreino Phagocytellozoa
- Phylum Placozoa (Placozoos), só dúas especies:
- Trichoplax adhaerens
- Treptoplax reptans (non hai datos abondo para demostrar a existencia desta especie)
[editar] Subreino Mesozoa (Mesozoos)
- Phylum Mesozoa (Mesozoos)
- Rhombozoa ou Dicyemida (Rombozoos)
- Orthonectida
[editar] Subreino Eumetazoa (Eumetazoos)
[editar] Rama Radiata (Radiados)
- Phylum Coelenterata ou Cnidaria (Celenterados ou Cnidarios)
- Phylum Ctenophora (Ctenóforos)
- Tentaculata (Tentaculados)
- Nuda (Nus ou Atentaculados)
[editar] Rama Bilateria (Bilaterais)
[editar] Protóstomos
[editar] Acelomados
- Phylum Platyhelminthes (Platelmintos):
- Phylum Gnathostomulida (Gnatostomúlidos)
- Phylum Nemertea (Nemertinos)
[editar] Pseudocelomatdos ou Asquelmintos
- Phylum Rotifera (Rotiferos)
- Phylum Gastrotricha (Gastrotricos)
- Phylum Entoprocta ou Kamptozoa (Entoproctos)
- Phylum Kinorhyncha (Quinorrincos)
- Phylum Priapulida (Priapúlidos)
- Phylum Nematoda (Nematodos)
- Phylum Nematomorpha (Nematomorfos)
- Phylum Acanthocephala (Acantocéfalos)
- Phylum Loricifera
[editar] Celomatos Esquizocelomados
- Phylum Mollusca (Moluscos)
- Phylum Annelida (Anélidos)
- Phylum Sipuncula (Sipuncúlidos)
- Phylum Arthropoda (Artrópodos)
- Subphylum Trilobitomorpha (Trilobites)
- Subphylum Chelicerata (Quelicerados)
- Subphylum Myriapoda (Miriápodos)
- Subphylum Hexapoda (Hexápodos)
- Phylum Tardigrada (Tardígrados)
- Phylum Onychophora (Onicóforos)
[editar] Lofoforados
- Phylum Bryozoa ou Ectoprocta (Briozoos o Ectoproctos)
- Phylum Phoronida (Foronídeos)
- Phylum Brachiopoda (Braquiópodos)
[editar] Deuteróstomos (Celomados enterocelomados)
- Phylum Chaetognatha (Quetognatos)
- Phylum Echinodermata (Equinodermos)
- Phylum Hemichordata (Hemicordados)
- Phylum Chordata (Cordados)
- Subphylum Urochordata (Urocordados ou Tunicados)
- Subphylum Cephalochordata (Cefalocordados)
- Subphylum Vertebrata (Vertebrados)
- Infraphylum Agnatha (Agnatos)
- Infraphylum Gnathostomata (Gnatóstomos)
| Filos do Reino Animal |
| Acanthocephala | Acoelomorpha | Annelida | Arthropoda | Brachiopoda | Bryozoa | Chaetognatha | Choanozoa | Chordata | Cnidaria | Ctenophora | Cycliophora | Echinodermata | Entoprocta | Gastrotricha | Gnathostomulida | Hemichordata | Kinorhyncha | Loricifera | Micrognathozoa | Mollusca | Monoblastozoa | Nematoda | Nematomorpha | Nemertea | Onychophora | Orthonectida | Phoronida | Placozoa | Platyhelminthes | Porifera | Priapulida | Rhombozoa | Rotifera | Sipuncula | Tardigrada | Vetulicolia† | Xenoturbellida |