Maceió
| Estado | Alagoas |
| Superficie | 511 km² |
| Poboación Densidade |
922 458 (2006) 1805 hab/km² |
| Fundación da cidade | 5 de decembro de 1815 |
| Altitude | 5 m sobre o nivel do mar |
| Latitude | 09°55' S |
| Lonxitude | 35°44' O |
| Distancia de Brasilia | 2004 Km (por estrada) |
| Código postal (CEP) | 57000-000 |
| Administración local | Prefeitura Municipal de Maceió - rua Melo Moraes, 62, Centro |
| Internet | www.maceio.al.gov.br |
| Alcalde (Prefeito) | José Cícero Soares de Almeida |
| Maceió no Brasil | |
|---|---|
Maceió é a capital do estado brasileiro de Alagoas. Sitúase entre o Océano Atlántico e a lagoa de Mundaú, que ten grande importancia económica para moitas familias de pescadores que viven nas súas marxes.
Fundada en 5 de decembro de 1815, despois de ser separada da Vila Madalena de Alagoas do Sul (actual cidade de Marechal Deodoro), a cidade vive hoxe principalmente do comercio e servizos, de algunhas industrias, do seu porto, pero a actividade económica que a torna máis famosa é o turismo. As belas praias da cidade, como Pajuçara e Ponta Verde, ou da súa proximidade, como a Praia do Gunga, e os paseios de barco nos recifes próximos, atraen brasileiros e tamén moitos estranxeiros. Pola presenza de tantos turistas, a vida nocturna da cidade ten diversas opcións, dende bares ata shows típicos.
Ligazóns externas[editar]
|
||||||||||||||||||||