Andes
Os Andes (quechua: Antis, "rexión dos antis") é unha cordilleira montañoso de América do Sur. O seu percorrido é de norte a sur pola costa occidental do continente, dende Venezuela ata a Patagonia, pasando por Colombia, Ecuador, Perú, Bolivia, Chile e Arxentina. Ten unha lonxitude de máis de 7500 Km, unha anchura que oscila entre uns 180 km ata 700 Km e a súa altitude media situase o redor dos 4000 metros. O seu punto máis elevado é o pico Aconcagua con 6.959 metros.
Na súa parte meridional unidade e é fronteira natural entre Chile e Arxentina. Na parte central divídese en dous cordóns, Cordilleira Occidental e Cordilleira Oriental, formando entre os dous cordóns unha meseta de grande altitude, chamada Altiplano. Esta separación continua ata Colombia onde antes de chegar ó Mar Caribe dividídese en tres cordóns.
Índice |
Descrición Física [editar]
A formación dos Andes data do período Terciario. A acción continua das forzas tectónicas o largo de zona de subducción entre as placas de Nazca e a Sudamericana son as causantes da formación de esta cordilleira, este fenómeno ocorre a través dos bordos converxentes. Esta actividade modificou a súa morfoloxía e composición, por efecto dos afundimentos e levantamentos da codia. Esta acción da como resultado que a zona sexa de grande actividade sísmica e volcánica. Así podemos destacar volcáns da zona como o Cotopaxi e Chimborazo en Ecuador, e Ojos del Salado en Chile. Os Andes poden ser divididos en tres seccións: Andes Setentrionais, Andes Centrais e Andes Meridionais.
Andes Setentrionais [editar]
Os Andes Setentrionais comezan en Venezuela, na cordilleira de Meriada, que chega a alcanzar os 5000 metros nalgúns puntos. Esta únese a cordilleira Oriental de Colombia constituíndo unha cadea montañosa paralela coa cordilleira Central e esta coa cordilleira Occidental. Entre elas constitúense o Val do Cauca entre as cordilleiras Occidental e Central, e o Val do Magdalena entre a Central e o Oriental.
A cordilleira Occidental é polo xeral dunha altura menor. A Central é moito máis elevada con cumios de máis de 5000 metros. Pola su parte a Oriental e máis fragmentaria e contén numerosas cristas e mesetas altas, onde nunha delas está situada Bogotá. A cordilleira Central e a Oriental o chegar o Ecuador únense formando unha soa cordilleira. A partir de aquí só hai que distinguir a cordilleira Occidental e a cordilleira Oriental
Andes Centrais [editar]
Na altura de Perú as dúas cordilleiras que en Ecuador non tiñan máis que una separación de 60 km chegan a alcanzar unha distancia entre si de ata 700 km, formando altas mesetas moldeadas pola erosión, nas que poden haber lagos, como é o caso do lago Titicaca. Neste sector dos Andes a cordilleira Oriental é aínda a máis alta de media. Pola contra a cordilleira occidental é unha das cadeas montañosas máis volcánicas do mundo.
A medida que os Andes vanse aproximando a Chile e Arxentina a separación entre as dúas cordilleiras vaise diminuíndo ata chegar a desaparecer e formar un só bloque.
Andes Meridionais [editar]
Caracterízase pola progresiva desaparición ao sur, chegando a diminuír a súa altitude ata os 3000 metros. Hai que destacar a zona norte de Chile e Arxentina onde se sitúan picos dunha grande altitude como é o caso do Aconcagua. Segundo se vai cara ao sur é característico o labor de erosión levado a cabo polos glaciares, moldeando a montaña.