Estado do Paraná

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paraná
Bandeira do Paraná.svg Brasão do Paraná.svg
Capital: Curitiba
Área: 199.709 Km²
Poboación:
-Densidade demográfica
10.261.856 (2005)
51,34/Km²
Fuso horario: GMT-3
Gobernador: Beto Richa
Estado no Brasil
Brazil State Parana.svg


O Paraná é un estado brasileiro que se sitúa na Rexión Sur do país. Ten como límites o estado de São Paulo (ao norte e noreste), o Océano Atlántico (ao este), Santa Catarina (ao sur), Arxentina (suroeste), Paraguai (ao oeste) e Mato Groso do Sur (ao noroeste).

A súa capital é Curitiba. As súas cidades máis poboadas son Curitiba, Londrina, Maringá, Ponta Grossa, Foz do Iguaçu, Cascavel e Guarapuava.

Índice

Xeografía [editar]

O estado de Paraná ocupa unha superficie de 199.880 km², estendéndose dende as costas do litoral ata o interior do país, localizándose a 51º00'00" de lonxitude Oeste e a 24º00'00" de latitude Sur e no fuso horario de -3 horas en relación a Greenwich. Tres cuartos do territorio atópanse por baixo do Trópico de Capricornio. É bañado polo Océano Atlántico.

Relevo [editar]

Uns 52% da superficie do estado atópase por encima dos 600 metros sobre o nivel do mar; un 89% do total da superficie están por encima dos 300 metros; e soamente uns 3% están por baixo dos 200 metros de altitude. O relevo é plano e levemente ondulado, con fortes elevacións na Serra do Mar. Ese relevo está formado por unha forte depresión no litoral, planaltos no interior e depresión no centro do estado.

Economía [editar]

Vista da presa hidroeléctrica de Itaipú, na fronteira do Brasil co Paraguai.

A economia do Estado baséase nunha moderna agricultura (cana de azucre, millo, soia, trigo, café, mandioca), na industria (alimentos, papel e celulosa, automóbil) e na extracción vexetal (madeira e erva-mate). Na fronteira do estado co Paraguai está a presa hidroeléctrica de Itaipu, unha das máis grandes do mundo en capacidade de xerar electricidade. A enerxía producida en Itaipú alimenta as industrias e cidades do estado e tamén de estados veciños, principalmente o estado de Sao Paulo.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: