Peugeot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peugeot
Tipo Sociedade Anónima
Fundación 2 de abril de 1896
Matriz PSA Peugeot Citroën
Localización París, Flag of France.svg Francia
Fundador Armand Peugeot
Persoas clave Vincent Rambaud (Director)
Industria Automóbil
Produtos Automóbil
Número de empregados 120.000
Páxina web peugeot.com


Peugeot é unha marca francesa fabricante de automóbiles, bicicletas e ciclomotores, fundada polos irmáns Jean-Pierre e Jean-Frédéric Peugeot. Pertence ó grupo PSA Peugeot-Citroën.

Historia[editar | editar a fonte]

Peugeot 106 1.1

A orixe da empresa Peugeot remóntase ós inicios do século XIX, cando Jean-Jacques Peugeot se instala preto de Doubs onde comenza a fabricar muíños de café. Este primeiro medio de produción trae como consecuencia despois do seu falecemento a construción dun emprazamento para a construción de muíños en Sous-Cratet. Os seus dous fillos, Jean-Pierre Peugeot e Jean-Georges Peugeot, crearán posteriormente un imperio productivo. O menor dos dous, Jean-Pierre, lánzase posteriormente no sector do textil en Hérimoncourt. Este terá dous fillos, Jean-Pierre Peugeot junior e Jean-Frédéric Peugeot, que transformarán o muíñoo de Sous-Cratet nunha fundación.

É en 1832 cando Jean-Pierre Peugeot funda a sociedade "Peugeot Frères aìnés" para a explotación da fundación de Sous-Cratet. Os resultados son bos e en 1833 una segunda fábrica en Terre-Blanche é construída. En 1852 Jean-Pierre junior morre deixando dous fillos, Jules e Émile. Estes dous van a explotar novos sectores do comercio da época.

En 1885 Armand Peugeot interésase por un novo invento, a bicicleta (que segue hoxe en día baixo o nome de Peugeot Cycles). Cabe aclarar que a familia Peugeot destacouse tamén (e aínda o fai) na fabricación artesanal de pimenteiros e saleiros de mesa finamente decorados co león da marca. Tamén fabricaron ferramentas de alta calidade. Finalmente é en 1889 cando Armand se lanza á aventura do automóbil, presentindo o éxito que colleitará este novo medio de transporte. Sen sabelo Armand creou a que é hoxe en día a segunda marca de automóbiles con máis tradición do mundo: Peugeot.

Grupo

  • 1974: PSA Peugeot compra Citroën a Michelin.
  • 1977: PSA Peugeot absorbe a filial europea da americana Chrysler.
  • 1980: PSA convértese en PSA Peugeot-Citroën.

Actualmente é o segundo maior construtor europeo por detrás de Volkswagen AG.

Modelos dos automóbiles de Peugeot[editar | editar a fonte]

Peugeot 3008
Serie 100
  • 104 (1972-1988)
  • 106 (1991-2003)
  • 107 (2005-)
Serie 200
  • 201 (1929)
  • 202 (1938)
  • 203 (1948)
  • 204 (1965)
  • 205 (1983), sustituto do 104, foi o coche que fixo rexorder a Peugeot nacional e mundialmente.
    • 205 T16 (1985), serie limitada para a homologación no grupo B de rallies
  • 206 (1998), o reemplazo existoso do 205
  • 207 Posto en venta oficialmente en España o 4 de maio de 2006)
Serie 300
Serie 400
Serie 500
Serie 600
Serie 800
Serie 900
Serie 1000
Serie 3000
Serie 4000
Serie 5000
Vehículos utilitarios lixeiros
4x4
Prototipos-Outros

Motos:

Peugeot en competición[editar | editar a fonte]

Campionato do mundo de Rallies[editar | editar a fonte]

Juuso Pykälistö no seu Peugeot 206 WRC durante o Rally de Suecia 2003

Peugeot foi o dominador dos rallies do Grupo B co Peugeot 205 Turbo 16 durante os anos 1985 e 1986, tanto na categoría de construtores como na de pilotos, con Timo Salonen e Juha Kankkunen. A marca retirouse ca supresión da categoría Grupo B. Peugeot regresou ó campionato do mundo de rallies a finais de 1999 co Peugeot 206 WRC, ganando tres veces o campionato de construtores (2000, 2001 y 2002) e dous o de pilotos con Marcus Grönholm (2000 e 2002). No ano 2004 o Peugeot 206 WRC é substituido polo 307, pero non consegue bos resultados. A finais do 2004 Peugeot anuncia a súa retirada ó rematar o 2005.

As 24 Horas de Le Mans[editar | editar a fonte]

  • 1988: Peugeot alcanza co seu WM P 88 os 407 km/h na "Ligne Droite des Hunaudières" no circuito da Sarthe, o que significou un novo récord aínda vixente.
  • 1992: Peugeot gaña as 24 Horas de Le Mans co seu bólido 905, triplete de Warwick, Dalmas e Blundell.
  • 1993: Peugeot gaña as 24 Horas de Le Mans co seu bólido 905, triplete de Brabham, Helary e Bouchut.

Fórmula 1[editar | editar a fonte]

  • 1994: Peugeot participa na máxima especialidade da man do equipo McLaren, logrando o carto posto no Mundial de Constructores.
  • 1995-1997: Peugeot cambia os McLaren polos Jordan, sendo quintos no Mundial en ambos anos.
  • 1998-2000: Menos afortunada a última etapa de Peugeot na Fórmula 1, estando tres anos asociados a Prost, a escudería do mítico Alain Prost.

O propulsor Peugeot mostrouse sempre como un dos máis potentes e fiables nas súas diferentes versións. Peugeot retiraríase da Fórmula 1 en 2000, deixando tras de si a participación en 115 Grandes Premios.



Peugeot — Unha marca do Grupo PSA — desde 1950 ata o presente
Tipo 1950s 1960s 1970s 1980s 1990s 2000s
0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9
Mini 104 106 107
Compacto 203 204 205 206 207
304 305 309 306 307
Clase media 403 404 405 406 407
Alta gama 504 505
604 605 607
Monovolume 806 807
Minivolume 1007
SUV (4x4) Peugeot P4 4007

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]