Diamantina
Para a rexión da Chapada Diamantina no estado de Bahia, véxase Chapada Diamantina.
|
|
|||
| Estado | Minas Xerais | ||
| Superficie | 3.869,8 km² | ||
| Poboación Densidade |
44.229 (2006) 11,4 hab./km² |
||
| Altitude | 1113 msnm | ||
| Latitude | 18º 14' 58" S | ||
| Lonxitude | 43º 36' 01" O | ||
| Distancia de Belo Horizonte | 280 km | ||
| Código postal (CEP) | 39100-000 | ||
| Administración local | Prefeitura Municipal de Diamantina - Pça. Conselheiro Mata, 11, Cep 39100 - 000 | ||
| Internet | http://www.diamantina.mg.gov.br | ||
| Alcalde (Prefeito) | Gustavo Botelho Junior | ||
| Diamantina en Minas Xerais | |||
|---|---|---|---|
Diamantina é unha cidade brasileira do estado de Minas Xerais. Sitúase 280 km ó norte da capital do estado, Belo Horizonte.
Actualmente, unha das máis importantes actividades é o turismo, pero a agricultura e a extracción mineral tamén posúen algunha participación na economía. O seu nome orixinouse do descubrimento, na rexión, de xacementos de diamante.
Nesta cidade naceu o ex-presidente brasileiro Juscelino Kubitschek.
Non se debe confundir a cidade de Diamantina coa rexión da Chapada Diamantina, no estado da Bahia.
[editar] Historia
A súa fundación (co nome de Arrial do Tijuco) ocorreu no século XVIII. Como o seu nome actual suxire, Diamantina foi centro de extracción de diamantes dende o século XVIII ata o século XIX. En 1835 foi elevada á condición de cidade e, en 1938 recibiu o título de Patrimonio Histórico Nacional, o primeiro recoñecemento, no Brasil, da importancia de seu acervo arquitectónico colonial.
O seu centro histórico tamén foi considerado pola Unesco como Patrimonio Cultural da Humanidade.