Bandeira do Brasil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Brasil
Bandeira de Brasil
Uso
FIAV 111111.svg
Proporción 7:10
Adopción 19 de novembro de 1889
Cores      Verde

     Amarelo      Azul      Branco

A bandeira de Brasil (coñecida co sobrenome de Auriverde) está formada por un rectángulo verde de proporción 7:10. Sobre este rectángulo, aparece un rombo amarelo, e dentro deste, un círculo azul cunha banda branca contén o lema "ORDEM E PROGRESSO" («Orde e Progreso» en portugués) en cor verde, así como 27 estrelas de cor branco.

Índice

Historia [editar]

Dominación colonial [editar]

Durante a dominación colonial de Brasil por parte de Portugal utilizáronse diversas bandeiras baseadas nos emblemas da monarquía lusitana. As primeiras bandeiras usadas polos navegantes e exploradores incluían a cruz da Orde de Cristo xunto ao Escudo Real.

En 1645 foi creada a primeira bandeira propiamente brasileira ao crearse o Principado do Brasil. Constaba dunha esfera armilar dourada sobre un campo branco. Esta bandeira foi utilizada ata a fundación do Reino de Brasil como parte do Reino Unido de Portugal, Brasil e Algarve. En 1816, a bandeira do Reino de Brasil constaba da esfera armilar centrada sobre un campo azul.

Independencia [editar]

O 7 de setembro de 1822, o Reino de Brasil declarouse independente de Portugal e posteriormente asumiu o título de Imperio do Brasil, título oficial que ostentou o país ata 1888.

A bandeira, base do actual pavillón patrio, constaba dun campo verde que representaba a casa de Bragança do emperador Pedro I cun rombo amarelo que identificaba aos Habsburgo, familia da emperatriz María Leopoldina. Sobre este situábase o Escudo Imperial.

República [editar]

FIAV historical.svg Bandeira da República Brasileira (15 ao 19 de novembro de 1889)

A bandeira actual está baseada na antiga bandeira do Imperio de Brasil creada por Jean-Baptiste Debret en 1820. Os cambios foron ideados por un grupo de membros da Igrexa Positivista, composto por Raimundo Teixeira Mendes, Miguel Lemos e Manuel Pereira Reis. O deseño do disco azul foi executado polo pintor Décio Vilares. A bandeira foi adoptada oficialmente polo Decreto 4, o 19 de novembro de 1889 redactado por Benjamin Constant, membro do Goberno Provisional.

Desde a proclamación da República o 15 de novembro ao 19 do mesmo mes usouse outra bandeira que imitaba a dos Estados Unidos de América. As bandeiras actuais dalgúns dos estados de Brasil, como Goiás, Piauí, ou Sergipe, inspíranse neste deseño.

O deseño actual, que inclúe un total de 27 estrelas, foi aprobado oficialmente a través do Decreto nº 8.241 promulgado o 12 de maio de 1992.

Simboloxía [editar]

A bandeira actual de Brasil remóntase á bandeira do Imperio de Brasil, deseñada en 1822. Os símbolos do devandito emblema representan as familias reais de Bragança e Habsburgo, ás que pertencía o primeiro casal imperial.

O disco azul da bandeira actual representa o ceo de Río de Janeiro a mañá do 15 de novembro de 1889 (data da proclamación da República de Brasil). Móstrase coma se fose visto desde fóra da esfera celeste. Cada unha das 27 estrelas representa os distintos estados e o Distrito Federal. O número de estrelas foi variando ao longo da historia a medida que eran creados novos estados, crecendo desde as 21 orixinais ás 27 actuais.

A estrela que representa o Distrito Federal de Brasil é Sigma Octantis, cuxa posición a fai visible en todo o país, ao longo de todo o ano. Ademais, debido á súa situación, o resto de estrelas representadas na bandeira parecen rotar ao redor de sigma Octantis. A estrela de Pará está por encima das demais, xa que é un estado que está ao norte da Liña do Ecuador.

O lema "Ordem e Progresso" ("Orde e Progreso") está inspirado no lema do positivismo de Auguste Comte: "L'amour pour principe et l'ordre pour base; lle progrès pour but" ("O amor por principio, a orde por base, o progreso por fin" en francés).

As estrelas [editar]

As estrelas da bandeira de Brasil

As constelacións e estrelas representadas na bandeira son:

  1. Procyon (alpha; Canis Minoris),
  2. Canis Major, cuxa estrela máis grande é Sirius,
  3. Canopus (alpha; Carinae),
  4. Spica (alpha; Virginis)
  5. Hydra
  6. Crux
  7. Sigma Octantis (sigma; Octantis; Estrela do polo sur)
  8. Triangulum Australe
  9. Scorpius, cuxa estrela máis grande é Antares

As estrelas que representan os estados de Brasil (excepto Sigma Octantis que representa o Distrito Federal) son:

Estado Estrela Constelación Tamaño
Amazonas Alpha Canis Minoris (Procyon) Canis Minor (Can Menor) 1
Mato Grosso Alpha Canis Majoris (Sirius) Canis Major (Can Maior) 1
Amapá Beta Canis Majoris (Mirzam) Canis Major (Can Maior) 3
Rondônia Gamma Canis Majoris (Muliphen) Canis Major (Can Maior) nbsp;
Roraima Delta Canis Majoris (Wezen) Canis Major (Can Maior) 2
Tocantins Epsilon Canis Majoris (Adhara) Canis Major (Can Maior) 2
Pará Alpha Virginis (Spica) Virgo 1
Piauí Alpha Scorpii (Antares) Scorpius (Escorpio) 1
Maranhão Beta Scorpii (Graffias) Scorpius (Escorpio) 3
Ceará Epsilon Scorpii Scorpius (Escorpio) 2
Alagoas Theta Scorpii (Sargas) Scorpius (Escorpio) 2
Sergipe Iota Scorpii Scorpius (Escorpio) 3
Paraíba Kappa Scorpii Scorpius (Escorpio) 3
Rio Grande do Norte Lambda Scorpii (Shaula) Scorpius (Escorpio) 2
Pernambuco Mu Scorpii Scorpius (Escorpio) 3
Mato Grosso do Sul Alpha Hydrae (Alphard) Hydra (Hidra Macho) 2
Acre Gamma Hydrae Hydra (Hidra Macho) 3
São Paulo Alpha Crucis (Acrux) Crux (Cruz do Sur) 1
Río de Janeiro Beta Crucis (Becrux) Crux (Cruz do Sur) 2
Bahia Gamma Crucis (Gacrux) Crux (Cruz do Sur) 2
Minas Gerais Delta Crucis Crux (Cruz do Sur) 3
Espírito Santo Epsilon Crucis Crux (Cruz do Sur) 4
Rio Grande do Sul Alpha Trianguli Australe Triangulum Australe (Triángulo) 2
Santa Catarina Beta Trianguli Australe Triangulum Australe (Triángulo) 3
Paraná Gamma Trianguli Australe Triangulum Australe (Triángulo) 3
Goiás Alpha Carinae (Canopus) Carina (Quilla) nbsp;
Distrito Federal Sigma Octantis Octans 5

Bandeiras estatais [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]