Empresa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha empresa é unha organización ou institución dedicada a actividades ou persecución de fins económicos ou comerciais. A Comisión da Unión Europea suxire a seguinte definición:

"Considerarase empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas as entidades que exerzan unha actividade artesanal ou outras actividades a título individual ou familiar, as sociedades de persoas e as asociacións que exerzan unha actividade económica de forma regular."

De acordo ao dereito internacional, a empresa é o conxunto de capital, administración e traballo dedicados a satisfacer unha necesidade no mercado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]