Organización de Estados Americanos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A orixe da Organización de Estados Americanos remóntase a 1826, cando Simón Bolívar convoca en Panamá un primeiro congreso dos novos países independentes polo que se establece o Tratado de Unión Perpetua. A primeira Conferencia Internacional de Estados Americanos tivo lugar en Washington D. C. entre 1889 e 1890 e creou a Unión Internacional de Repúblicas Americanas, cunha oficina comercial permanente.

Durante a IX Conferencia celebrada na cidade de Bogotá o 30 de abril de 1948, vinte e unha nacións asinaron a Carta Fundacional pola que se establecía a Organización de Estados Americanos.

Índice

Idiomas oficiais [editar]

O castelán, francés, inglés e portugués.

Funcionamento [editar]

A Asemblea Xeral reúnese cada ano. Un consello Permanente composto por un representante de cada Estado está presidido polo país ao que lle toque segundo a orde alfabética dos países en español. Existe un Secretariado Xeral para coordinar as accións de tódolos órganos.

Organismos asociados [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]