Ernesto Geisel
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Período de goberno: | 15 de marzo de 1974-15 de marzo de 1979 |
|---|---|
| Predecesor: | Emílio Garrastazu Médici |
| Sucesor: | João Baptista Figueiredo |
| Nado en: | 3 de agosto de 1907 |
| Lugar: | Bento Gonçalves, Rio Grande do Sul |
| Faleceu en: | 12 de setembro de 1996 |
| Lugar: | cidade de Rio de Janeiro |
| Profesión: | militar |
| Partido Politico | ARENA (Alianza Renovadora Nacional) |
Ernesto Geisel, nado en Bento Gonçalves (Rio Grande do Sul) o 3 de agosto de 1907 e finado en Rio de Janeiro o 12 de setembro de 1996, foi un militar e político brasileiro. Xeneral de exército, foi presidente do seu país do 15 de marzo de 1974 ao 15 de marzo de 1979.
Traxectoria [editar]
Naceu nunha familia protestante, e ingresou no Colexio Militar en 1921. Entre 1969 e 1973 participou da direción da estatal petrolífera brasileira, a Petrobras. Despois de asumir a presidencia da república en 1974, comezou o proceso de apertura política brasileira, co relaxamento da censura e o abrandamento dalgunhas leis de represión, que foran impostas no país despois do golpe militar de 1964. O seu sucesor, João Baptista Figueiredo, deu continuidade ó proceso de apertura.
| Predecesor:: Emílio Garrastazu Médici |
Presidente de Brasil entre: 1996-1979 |
Sucesor: João Baptista Figueiredo |