Economía do Brasil
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa economía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa economía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Economía do Brasil | ||
|---|---|---|
| Moeda | Real | |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Mercosur, Unasur e outras | |
| Datos estatísticos[1] | ||
| PIB | US$ 1 994 mil millóns (2008) | |
| PIB (posición) | 10ª no mundo | |
| % de crecemento PIB | 5,2% (2008) | |
| PIB per cápita | US$ 10 100 (2008) | |
| PIB por sector | agricultura 5,5%, industria 28,5%, comercio e servizos 66% (2008) | |
| Inflación anual | 5,8% (2008) | |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 31% (2005) | |
| Total da forza de traballo | 100,9 millóns (2008) | |
| % traballadores por sector | agricultura 20%, industria 14%, comercio e servizos 66% (2006) | |
| Desemprego | 8% (2008) | |
| Produtos agrícolas | cana de azucre, soia, arroz, millo, laranxa, cacao, café, trigo. | |
| Gandería (cabezas) | Bovinos 195 millóns, porcos 32,5 millóns, caprinos 9,5 millóns. Aves: 737 millóns (galiñas, patos, etc) (est.2004) | |
| Principais industrias | téxtil, calzados, produtos químicos, cemento, madeira, minerio de ferro, estaño, aceiro, avións, motores e pezas de vehículos, máquinas e equipamentos | |
| Parcerías comerciais[1] | ||
| Exportacións (US$) | 200 mil millóns f.o.b. (2008) | |
| Principais produtos exportados | equipamentos de transporte, minas de ferro, soia, calzados, café, automóbiles | |
| Principais mercados | Estados Unidos 16,1%, Arxentina 9,2%, República Popular de China 6,8%, Países Baixos 5,6%, Alemaña 4,6% (2007) | |
| Importacións (US$) | 176 mil millóns (2008) | |
| Principais produtos importados | máquinas, equipamentos eléctricos e de transporte, produtos químicos, petróleo, pezas para automóbiles, electrónicos | |
| Principais parceiros | Estados Unidos 15,7%, República Popular de China 10,5%, Arxentina 8,6%, Alemaña 7,2%, Nixeria 4,4% (2007) | |
| Finanzas públicas[1] | ||
| Débeda externa | US$ 236,6 mil millóns (2008) | |
| Receitas (US$) | 244 mil millóns | |
| Despesas (US$) | 219,9 mil millóns (2007)[2] | |
| Axuda económica recibida (US$) | 191,9 millóns (2005) | |
A economía do Brasil é a 6ª do mundo e a máis grande de América Latina, tendo ultrapasado México o 2004. Responde por 3/5 da produción industrial da América do Sur[3].
[editar] Comercio exterior
Os principais socios comerciais do Brasil son: Unión Europea, Estados Unidos, Arxentina e a República Popular China.
Ver os principais produtos importados e exportados en 2006.
O Brasil é a 6ª economía mundial en tamaño segundo o Banco Mundial[4], máis grande que Rusia, pero en Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) está só en 72° lugar.
O primeiro produto económico do Brasil foi o azucre durante o período colonial. Coa independencia, un novo ciclo económico xurdiu, agora co café. Ese momento foi fundamental para o desenvolvemento do estado de Sao Paulo, que acabou por converterse o máis rico do país.
A pesar de ter, ao longo da década dos 90, unha mellora na produción de bens agrícolas, o que converteu ao Brasil no líder mundial en diversos produtos, coa reformas introducidas polo goberno federal, as exportacións brasileiras diversificáronse, cunha enorme inclusión de bens de alto valor agregado, como xoias, avións, automóbiles e pezas de roupa.
Actualmente o país está entre os 20 principais exportadores do mundo, co US$ 96 mil millóns vendidos, entre produtos e servizos, a outros países en 2004. En poucos anos esperase que o Brasil estea entre as principais plataformas de exportación do mundo.