Anguila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
British Overseas Territory of Anguilla
Territorio Británico de Ultramar de Anguila
Bandeira de Anguila Escudo de Anguila
Bandeira Escudo
Lema: Each Endeavouring, All Achieving
(inglés: «Cada persoa esforzándose, todos acadando»)
Himno nacional: God Save the Queen
God Bless Anguilla
 
LocationAnguilla.png
 
Capital
 • Poboación
The Valley
830 (2003 est.)
Cidade máis poboada The Valley
Lingua oficial
Inglés
Forma de goberno Territorio de Ultramar
Isabel II
William Alistair Harrison
Hubert Hughes
Dependencia
 • Desde
Do Reino Unido
1650
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 228º
91 km²
desprezable
0 km
61 km
Poboación
 • Total
 • Densidade

13.477 (2006 est.)
212.5 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2003)
 • PIB per cápita

US$ 104 mill.
US$ 8.600
IDH n/d
Moeda Dólar Caribe-Leste (EC$, XCD)
Xentilicio Anguilense
Fuso horario UTC-4
Dominio de Internet .ai
Prefixo telefónico +1264
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO 660 / AIA / AI
Membro de: CARICOM
Tódolos países do mundo

Anguila[Cómpre referencia] é unha colonia británica no Caribe, que comprende a Illa de Anguila e máis algúns illotes próximas, e que ten fronteira marítima con San Martiño, unha dependencia de Guadalupe, ao sueste. Ao oeste, ten como veciño máis próximo outra colonia británica: as Illas Virxes Británicas. A súa capital é The Valley.

Historia[editar | editar a fonte]

Anguila foi colonizada por ingleses procedentes de Saint Kitts e Nevis no 1650. A illa de Anguila foi administrada polo Reino Unido ata principios do século XIX, cando pasou á administración de Saint Kitts e Nevis en contra da opinión dos seus habitantes. Dende entón, en varias ocasións, Anguila tentou de se separar, incluíndo o referendo do 11 de xullo do 1967 gañado polos separatistas por 1.813 votos a favor e 5 en contra. Ao fin, no 1971, dous anos despois dunha revolta que precisou da intervención de tropas da metrópole, Anguila obtivo a condición de dependencia británica, que mantén dende entón.

Economía[editar | editar a fonte]

As principais industrias do país son a pesqueira e o turismo. O país tamén é un paraíso fiscal. Anguía posúe poucos recursos naturais, e a economía depende bastante do turismo, banca estranxeira, pesca de lagostas e remesas de emigrantes. A economía, especialmente o sector turismo, tivo efectos devastadores en 1995, a causa do Furacán Luís, pero se recuperou en 1996. Ao crecer o sector turismo, tamén puido axudar ao sector de construción, que creceu grandemente á economía. A banca estranxeira esta establecida, pero é moi pequena, aínda que tamén está en auxe.

Os principais produtos que produce e exporta son o sal, peixe, lagostas, bloques de concreto, gañado, tabaco e ron. No arquipélago úsase como moeda o Dólar Caribe-Este.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O arquipélago localízase no mar Caribe, especificamente no extremo norte das illas de Sotavento nas Antillas Menores; comprende a habitada illa de Anguila e as deshabitadas illas Scrub, Dog e Sombrero; e algúns illotes próximos, tamén deshabitados.


O terreo é en xeral, rochoso e de pouca elevación. Non hai s, só algunhas pequenas lagoas na illa de Anguía. O clima é subtropical cunha temperatura media de 27 °. As illas principais son:

Mapa de Anguila

Outros Datos[editar | editar a fonte]

A esperanza de vida é de 76.7 anos

A defensa do pais é responsabilidade do Reino Unido

A maioría dos habitantes son protestantes e de ascendencia africana

Posúe 3 aeroportos, dos cales, só un está asfaltado

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Países do mundo | Caribe
Antiga e Barbuda - Bahamas - Barbados - Cuba - Dominica - Rep. Dominicana - Granada - Haití - Saint Kitts e Nevis - San Vicente e Granadinas - Santa Lucía - Trinidad e Tobago - Xamaica
Países con estatus especial no Caribe

Aruba - Curaçao - Illa de San Martiño - Bonaire - San Eustaquio - Saba (posesións dos Países Baixos)
Guadalupe - Martinica - Illa de San Martiño - Saint-Barthélemy (posesións de Francia)
Anguila - Illas Virxes Británicas - Illas Caimán - Montserrat - Turks e Caicos (posesións do Reino Unido)
Illas Virxes Americanas - Porto Rico (posesións dos Estados Unidos)