Rexión Norte do Brasil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRexión Norte do Brasil
Imaxe

Localización
Mapa
 4°34′S 58°56′O / -4.57, -58.93Coordenadas: 4°34′S 58°56′O / -4.57, -58.93
EstadoBrasil Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Xeografía
Superficie3.853.327,2 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con

A Rexión Norte é unha das cinco rexións brasileiras, sendo a máis extensa delas, cunha área de 3.869.637 km², que corresponde o 42,27% do territorio brasileiro. Segundo o IBGE do 2010 tiña 15.865.678 habitantes, o que dá 3,77 hab./km². Formada por sete estados: Acre, Amapá, Amazonas, Pará, Rondônia, Roraima e Tocantins; a Rexión Norte está localizada na rexión xeoeconómica da Amazonía, entre o Macizo das Guianas (ao norte), o planalto Central (ao sur), a Cordilleira dos Andes (a oeste) e o océano Atlántico (a nordeste). Nesta rexión atópanse o maior e o segundo maior estado do Brasil, respectivamente Amazonas e Pará, e tamén os tres maiores municipios do Brasil por área territorial, Altamira, Barcelos e São Gabriel da Cachoeira, posúen cada un máis de 100.000 km². Na Rexión Norte localízase un importante ecosistema para o planeta: a Amazonia.

Na rexión predomina o clima ecuatorial con excepción do norte do Pará, do sur do Amazonas e de Rondônia, onde o clima é tropical. A latitude e o relevo explican a temperatura; a temperatura e os ventos explican a humidade e o volume dos ríos; e o clima e a humidade, somados, son responsables da existencia da máis extensa, variada e densa selva do planeta, ou sexa, a selva amazónica ou Hileia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.