Xeografía do Brasil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Brasil é o quinto país do mundo en extensión, ocupa 1,7% do globo terrestre e 47% da América do Sur.

Área[editar | editar a fonte]

Total: 8.511.965 km2 Terra seca: 8.456.510 km2

(inclúe o arquipélago de Fernando de Noronha e tamén as illas Trindade, Martín Vaz, Grande, Ilhabela e outras.

Fronteira terrestre[editar | editar a fonte]

Total: 14.691 km de fronteiras

País Extensión
Arxentina 1.223 km
Bolivia 3.400 km
Colombia 1.643 km
Güiana Francesa 673 km
Güiana 1.119 km
Paraguai 1.290 km
Perú 1.560 km
Suriname 597 km
Uruguai 985 km
Venezuela 2.200 km

A liña costeira do Brasil ten unha extensión de 7.491 km, constituída principalmente de praias de mar aberto.

Clima[editar | editar a fonte]

O clima do Brasil é, en gran parte, tropical, pero o sur do país presenta clima subtropical.

A rexión Norte, que comprende os Estados do Acre, Amazonas, Amapá, Pará, Rondonia, Roraima, Tocantins e ten clima ecuatorial, que confere á rexión unha boa distribución anual de choivas, con temperaturas elevadas e baixa amplitude térmica anual.

A rexión Nordeste ten clima diverso, variando de ecuatorial (Maranhão e parte do Piauí) a semi-árido (a rexión da Caatinga, comprendendo boa parte do Nordeste), e tropical, no centro e sur da Bahia. Os estados da rexión son Maranhão, Piauí, Bahia, Pernambuco, Ceará, Sergipe, Alagoas, Rio Grande do Norte e Paraíba.

A rexión Centro Oeste, cos Estados de Mato Groso, Mato Groso do Sur e Goiás, e tamén o Distrito Federal, presenta clima tropical semi-húmido, co destaque para o período de choivas, que alimenta o Pantanal Mato-Grossense.

Na rexión Sudeste, que comprende os Estados de Minas Xerais, Sao Paulo, Río de Xaneiro e Espírito Santo, predomina, nas partes máis altas, un clima tropical ameno, co catro estacións ben distintas. No extremo oeste de Sao Paulo e de Minas Xerais predomina o clima tropical semi-húmido, e no litoral un clima tropical co choivas intensas no verán.

A rexión Sur do país ten clima subtropical, co baixas temperaturas nas serras gaúcha (estado de Río Grande do Sur) e catarinense (estado de Santa Catarina), sendo común a formación de xeadas durante o inverno. Hai tamén caída de neve nas serras en anos moi fríos. Composta de tres estados: Santa Catarina, Paraná e Río Grande do Sur.

Altitudes e Pontos Extremos[editar | editar a fonte]

As altitudes do territorio brasileiro son, en xeral, modestas. O territorio non presenta grandes cadeas de montañas, cordilleiras ou similares.

O punto mais elevado no Brasil é o Pico da Neblina, co 2.997 m de altura. O punto máis baixo é o Océano Atlántico, con altitude de 0 m.

Ó norte, o límite é a nacente do río Ailã, no Monte Caburaí, Roraima, fronteira coa Güiana.

Ó sur, o límite extremo é unha curva do arroio Chuí, no Río Grande do Sur, na fronteira co Uruguai.

Ó este, o punto extremo é a Ponta do Seixas, no estado da Paraíba.

O punto extremo do oeste é a nacente do río Moa, na Serra de Contamana o Serra do Divisor, no Acre, fronteira co Perú.

Recursos Naturais[editar | editar a fonte]

Uso da Terra[editar | editar a fonte]

División Político-Administrativa[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Xeografía do Brasil

s 27 unidades da federación son agrupadas, para fins estatísticos e, en alguns casos, de orientación da actuación federal, en cinco grandes rexións: Centro-Oeste, Nordeste, Norte, Sudeste e Sur. Cada Estado, así como o Distrito Federal, ten os seus propios órgaos executivos (na figura do Gobernador), lexislativos (Asemblea Lexislativa unicameral) e xudiciais (tribunais estatais).

Os estados subdivídense en concellos, que varían en número, entre 15 (Roraima) e 853 (Minas Xerais). Estas unidades autónomas menores dispoñen só do poder Executivo, exercido polo prefeito, e Lexislativo, na cámara municipal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]