José Sarney

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Sarney de Araújo Costa
Sarneyoficial.jpg
Presidente de (país): Flag of Brazil.svg Brasil
Período de goberno: 15 de marzo de 1985-15 de marzo de 1990
Predecesor: João Baptista Figueiredo
Sucesor: Fernando Collor de Mello
Nado en: 24 de abril de 1930
Lugar: Pinheiro, Maranhão
Profesión: avogado, escritor, periodista
Partido Politico: Partido do Movimento Democrático Brasileiro - PMDB


José Sarney de Araújo Costa, avogado, periodista e escritor nado o 1930, foi o presidente do Brasil entre 1985 e 1990. Foi o primeiro presidente civil despois do rexime militar instalado en 1964. Era vice-presidente de Tancredo Neves, escollido xunto co mesmo polo Congreso Nacional, pero asumiu o poder debido á enfermidade de Tancredo na véspera da pose.

Durante o seu goberno aconteceu a convocación da Asemblea Nacional Constituinte, que promulgou a Constitución brasileira de 1988, en vigor. Tamén aconteceron as primeiras eleccións presidenciais brasileiras despois do golpe militar de 1964.

Actualmente José Sarney é membro da Academia Brasileira de Letras.

Presidente de Brasil

Segue a:
João Baptista Figueiredo
José Sarney
Precede a:
Fernando Collor de Mello
PMDB

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]