1870
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| < Século XVIII | Século XIX | Século XX > | |||||||
| 01 | 02 | 03 | 04 | 05 | 06 | 07 | 08 | 09 | 10 |
| 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
| 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
| 31 | 32 | 33 | 34 | 35 | 36 | 37 | 38 | 39 | 40 |
| 41 | 42 | 43 | 44 | 45 | 46 | 47 | 48 | 49 | 50 |
| 51 | 52 | 53 | 54 | 55 | 56 | 57 | 58 | 59 | 60 |
| 61 | 62 | 63 | 64 | 65 | 66 | 67 | 68 | 69 | 70 |
| 71 | 72 | 73 | 74 | 75 | 76 | 77 | 78 | 79 | 80 |
| 81 | 82 | 83 | 84 | 85 | 86 | 87 | 88 | 89 | 90 |
| 91 | 92 | 93 | 94 | 95 | 96 | 97 | 98 | 99 | 00 |
| Calendario gregoriano | 1870 MDCCCLXX |
| Ab urbe condita | 2623 |
| Calendario armenio | 1319 |
| Calendario chinés | 4566 – 4567 |
| Calendario hebreo | 5630 – 5631 |
| Calendario hindú - Vikram Samvat - Shaka Samvat - Kali Yuga |
1925 – 1926 1792 – 1793 4971 – 4972 |
| Calendario persa | 1248 – 1249 |
| Calendario musulmán | 1287 – 1288 |
| Calendario rúnico | 2120 |
Índice |
Acontecementos [editar]
África [editar]
- O mercador de escravos Tippu Tip autoproclámase soberano dos territorios do lago Tanganika.
- Revolta do Baguirmi, estado vasalo do reino de Uadai (Chad). A capital Massenya fica destruída e 35.000 baguirmís son captivados como escravos.
América [editar]
- 1 de marzo - Fin da Guerra da Triple Alianza: os aliados, Brasil, Arxentina e Uruguai impoñen unha nova constitución a Paraguai, que perde un tercio do seu territorio en beneficio dos vencedores. O seu presidente, López, será executado.
Europa [editar]
- 18 de xullo - O Concilio Vaticano I proclama o dogma da infalibidade pontificia.
- 19 de xullo - Comeza a guerra franco-prusiana, tras a declaración bélica de Napoleón III contra Prusia.
- 1 de setembro - O exército francés, dirixido por Mac Mahon, capitula en Sedán, despois de perder a batalla alí celebrada.
- 4 de setembro - Proclámase a República en Francia.
- 19 de setembro - Iníciase o cerco de París polos prusianos (até o 28 de xaneiro de 1871).
- 20 de setembro - Batalla de Porta Pía: tropas italianas entran na cidade de Roma, completando a unificación de Italia. Desaparecen os Estados Pontificios que remontaban ao século VIII.
- 6 de novembro - As Cortes españolas decidiron a restauración da monarquía, logo de buscar posíbeles candidatos nas casas reais europeas, elixindo a Amadeo de Aosta.
Arte e cultura [editar]
- Jules Verne publica a novela Vinte mil leguas de viaxe submarina.
- 26 de xuño - Estreo de "As valquirias" (Die Walküre) en Múnic, ópera de Richard Wagner.
- Heinrich Schliemann comeza as excavacións en Hissarlik, Anatolia, lugar que se revelará como asentamento de Troia.
Ciencia e tecnoloxía [editar]
- 2 de xaneiro, Comeza a construción da Ponte de Brooklyn, en Nova York.
Nacementos [editar]
- 2 de xaneiro - Ernst Barlach, escultor, artista gráfico e poeta alemán.
- 8 de xaneiro - Miguel Primo de Rivera, militar e político español (m. 1930)
- 22 de abril - Vladimir Ilich Ulianov, Lenin, político ruso (m. 1924).
- 21 de setembro - Julián Besteiro, político socialista español.
- 21 de setembro - Prudencio Rovira Pita, político e xornalista galego (m. 1960).
- 30 de setembro - Federico Guillermo Maciñeira e Pardo de Lama, historiador e xeógrafo (m. 1943).
Mortes [editar]
- 6 de xuño - José Joaquín Barreiro Ferro, avogado e político galego (n. 1814).
- 8 de xuño - Charles Dickens, autor, entre outras obras, de David Copperfield e Canción de Nadal (n. 1812).
- 23 de setembro - Prosper Mérimée, escritor francés.
- 24 de novembro - Isidore Ducasse, Conde de Lautréamont, poeta francés de orixe uruguaio.
- 28 de novembro - Frédéric Bazille, pintor francés.
- 5 de decembro - Alexandre Dumas, escritor francés (n. 1802).
- 13 de decembro - Pascual Madoz, político español.
- 22 de decembro - Gustavo Adolfo Bécquer poeta e narrador español (n. 1836).