Xoán III de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xoán III de Portugal
JoaoIII-P.jpg
Don Xoán III
Período: 13 de decembro de 1521 - 11 de xuño de 1557
Antecesor: Manuel I de Portugal
Sucesor: Sebastián I de Portugal
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
Período:
Antecesor:
Sucesor:
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 7 de xuño de 1502
Lugar: Lisboa, Portugal
Falecemento: 11 de xuño de 1557
Lugar: Lisboa, Portugal
Organización:
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: Catarina de Austria
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s):
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión:
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

Xoán III de Portugal, alcumado O Piadoso ou O Pío dada a súa devoción relixiosa, nado o 7 de xuño de 1502 e finado o 11 de xuño de 1557, foi Rei de Portugal e Algarbes. Sucedeu en 1521 ó seu pai, D. Manuel I, morto no auxe do seu poder aos 52 anos de idade, que reinou durante 26 anos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ascendeu ao trono cando Portugal posuía cidades fortificadas no Norte de África e os seus mariñeiros tiñan navegado nos océanos Atlántico, Índico e Pacífico, espallándose polas illas atlánticas, polas costa occidental e oriental de África, India, Malaisia, Illas do Pacífico e posiblemente Australia, China e Brasil. Destacada entre as potencias europeas desde o punto de vista económico e diplomático, mais o país non chegaba a un millón e medio de habitantes. Durante o seu reinado Portugal adquiriu novas colonias en Asia - Chalé, Diu, Mumbai, Baçaim e Macau.

Antonio Mota, Francisco Zeimoto e Antonio Peixoto chegaron ao Xapón sendo os primeiros europeos a visitar este arquipélago. Comezou a colonización do Brasil. Ao mesmo tempo deuse o abandono de algunhas cidades fortificadas en Marrocos, como Safim, Azamor, Arzila, Aguz e Alcácer-Ceguer, debido ao custo da súa defensa contra os ataques dos xerife musulmáns. Coa Inglaterra intensificou as relacións comerciais, o mesmo acontecendo cos países do Báltico e Flandres.

Don Xoán preocupouse efectivamente co pleno dominio do Brasil, que dividiu en Capitanías-donativos, as coñecidas Capitanías hereditarias, establecendo un goberno nacional en 1548.

Houbo sen dúbida un aire de renovación cultural no seu reinado, preponderante na afirmación do renacemento portugués. Na literatura aparece o poeta máis coñecido mundialmente Luís de Camões, así como Garcia de Resende, Sá de Miranda, Bernardim Ribeiro e João de Barros. Na náutica xurdiu Pedro Nunes, na botánica Garcia de Orta, na arquitectura Francisco de Holanda, Miguel de Arruda e Xoán de Castillo. Outros nomes foron Luís Vives, André de Resende, Damião de Góis, Xoán de Rouen e Nicolás Chanterrene. Erasmo dedicoulle unha das súas obras e o rei tería pensado desde o contratar a profesor da nova universidade de Coimbra, creada en 1537. Foi no seu reinado que se crearon bolsas de estudo no estranxeiro e o Colexio das Artes.

Xoán III era, con todo, moi relixioso, o que o tornou dócil diante do poder da igrexa e permeable á introdución da Inquisición en 1536, pois o movemento luterano era xa unha realidade europea. As consecuencias sociais foron desastrosas, pois provocou inseguridade nos cristiáns novos, obrigando ao exilio a moitos comerciantes xudeus, facendo que os recursos fosen financiados con empréstitos estranxeiros.

Sucedeulle o seu neto, D. Sebastián, xa que ningún dos seus fillos sobreviviu á súa morte.

O Imperio portugués durante o reinado de Xoán III
Rei de Portugal

Segue a:
Manuel I de Portugal
Xoán III de Portugal
Precede a:
Sebastián I de Portugal
Dinastía de Avis-Bexa