NASA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
NASA
NASA logo.svg
logo da NASA
Propietario Estados Unidos de América
Establecido 29 xulio de 1953
Sede Washington, D.C.
Lema For the Benefit of All
(Polo beneficio de todos)
Administrador Charles Bolden
Orzamento 17.800$ millóns (2012)
Web http://www.nasa.gov
Este artigo trata sobre a Administración Nacional para a Aeronáutica e o Espazo, para a arte de pesca véxase nasa.
Logotipo chamado verme ("Worm") da NASA, usado entre 1975 - 1997.

A National Aeronautics and Space Administration (NASA, "Administración Nacional para a Aeronáutica e o Espazo") é a axencia do goberno norteamericano responsable do programa espacial dos Estados Unidos de América e a súa investigación aeroespacial xeral a longo termo. Establecida no 1958, é unha organización civil que dirixe e supervisa a investigación civil e militar nos sistemas aeroespaciais.

Visión e misión[editar | editar a fonte]

Ten por propósito mellorar a vida na Terra, estender a vida, e atopar vida máis aló. As súas misións son coñecer e protexer o planeta Terra, explorar o Universo e investigar a vida extraterrestre, e inspirar a seguinte xeración de exploradores.

Historia[editar | editar a fonte]

Carreira espacial[editar | editar a fonte]

Lanzamento da nave espacial 'Mercury-Redstone 3' con Alan Shepard a bordo, o primeiro voo espacial tripulado americano.

Seguindo o programa espacial soviético, que lanzou ao espazo o primeiro satélite feito polo home (Sputnik 1) o 4 de outubro de 1957, a atención dos EUA dirixiuse cara aos seus propios esforzos espaciais. O Congreso, alarmado pola perda de liderado percibido como unha falta de seguridade, urxiu unha acción forte e rápida. O Presidente Dwight D. Eisenhower e os seus conselleiros tomaron medidas máis precisas. Varios meses de debate concluíron co acordo de crear unha nova Axencia Federal para realizar actividades non militares no espazo.

O 29 de xullo de 1958, o Presidente Eisenhower asinou a "National Aeronautics and Space Act", establecendo a "National Aeronautics and Space Administration" (NASA). Comezou a operar o 1 de outubro de 1958, consistindo daquela en catro laboratorios e uns 8.000 empregados do goberno na axencia aeronáutica que contaba daquela 46 anos, o National Advisory Committee for Aeronautics (NACA, Comité consultor nacional para a aeronáutica).

Os primeiro programas da NASA foron de investigación para o voo tripulado, e foron levados baixo a presión da competición entre os EUA e a URSS, a 'carreira espacial' que se realizou durante a chamada Guerra Fría. O Programa Mercurio (Mercury Program) foi iniciado no 1958 pola NASA co fin de explorar o espazo con misións tripuladas, comezando por indagar sinxelamente se o home podía sobrevivir no espazo. O 5 de maio de 1961, o astronauta Alan Shepard foi o primeiro americano no espazo, pilotando a nave Mercury 3 nun voo suborbital de 15 minutos. John Glenn foi o primeiro norteamericano en dar a volta á Terra o 20 de febreiro de 1962 durante o voo de 5 horas do Mercury 6.

Proxecto Apollo[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Proxecto Apollo.

Unha vez que o programa Mercurio probou que os voos espaciais tripulados eran posibles, lanzouse o proxecto Apollo para facer traballos no espazo e poñer o home arredor da lúa (non sobre ela). A liña operativa do programa Apolo foi radicalmente alterada polo seguinte Presidente, John F. Kennedy, quen anunciou o 25 de maio de 1961 que os Estados Unidos se propoñían "aluar un home e retornalo a salvo á Terra" para 1970. Así o programa tivo o obxectivo de levar un home á Lúa. O Programa Gemini comezou prontamente para subministrar unha nave e probar técnicas para a a|esquerda|175px|Buzz Aldrin camiña sobre a superficie da Lúa no Apolo 11.]]

Tras oito anos de misións preliminares, incluídas as primeiras perdas de astronautas co Apolo 1, o programa Apolo conseguiu o seu propósito co Apolo 11, que lanzou a Neil Armstrong e Buzz Aldrin á superficie da Lúa o 20 de xullo de 1969 e devolveunos á Terra o 24 de xullo. As primeiras palabras tras a aluaxe do Eagle foron: "É un pequeno paso para un home, pero un gran paso para a humanidade" ("That's one small step for [a] man, one giant leap for mankind.") Outros dez homes foron lanzados á Lúa ata a fin do programa Apolo en decembro de 1972.

A NASA ganou a carreira espacial, o que a deixou en certo sentido sen unha dirección concreta, ou polo menos sen a atención pública e interese, o que é necesario para ter fondos do Congreso. O desastre do Apollo 13, no que unha explosión de osíxeno danou os tres astronautas, axudou a atraer de novo a atención, mais aínda que foron planeadas misións ata a Apollo 20 e máis, a Apollo 17 foi a derradeira da serie. Cortes orzamentarios (en parte a causa da Guerra de Vietnam) planearon sobre o fin do programa, e contribuíron a crear a necesidade dun vehículo reusable.

Outras misións dos primeiros tempos[editar | editar a fonte]

Aínda que a grande maioría do orzamento foi empeñado nos voos tripulados, houbo neste tempo moitas misións sen tripulación. En 1962 lanzouse a Mariner 2, primeira nave en sulcar os ceos de outro planeta; neste caso Venus. Despois, as dúas Viking aterraron en Marte e enviaron imaxes en cor. Mais pode que o máis impresionante fose o programa Pioneer e particularmente o programa Voyager, misións que visitaron Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno e enviaron datos científicos e imaxes a cor de todos eles.

Asemade, neste período cambiou a visión entre os programas espaciais americano e da Unión Soviética. O 17 de xullo de 1975 un propulsor Apolo (que atopou así un novo uso tras a cancelación do Apolo 18) foi preparado para o Soyuz 19. Este foi un punto de inflexión histórica en plena Guerra Fría, marcando unha era de cooperación internacional nova. A primeira estación espacial americana, Skylab, ocupou a actividade principal da NASA ata o final dos 70.

A Era Shuttle (Lanzadeiras Espaciais)[editar | editar a fonte]

Transbordador Espacial Columbia, abril 1981.

A Transbordador espacial foi o proxecto estelar da NASA no final dos 1970 e os 1980. Planeadas para ser lanzadas con frecuencia e reusábeis na súa meirande parte, construíronse catro lanzadeiras cara 1985. A primeira, Transbordador espacial Columbia, foino o 12 de abril de 1981.

As lanzadeiras non representaron un éxito tan rotundo para a NASA: os voos foron moito máis caros do previsto ao inicio e aínda tras o desastre de 1986 do Transbordador espacial Challenger, que amosou os riscos dos voos espaciais, o público perdeu de novo interese, tomando as misións un carácter ordinario.

A pesar diso, as lanzadeiras foron usadas para lanzar proxectos clave como o Teslescopio Espacial Hubble (HST segundo as súas siglas en inglés). O HST fíxose cun orzamento relativamente pequeno de 20.000 millóns de dólares, pero continúa en operación desde 1990 e fixo as delicias dos científicos e o público. Algunhas das imaxes tomadas xa son case lenda, como as do Campo Profundo. O HST é un proxecto conxunto coa ESA, e o seu éxito abriu a vía dunha maior colaboración entre ambas.

En 1995 volveu a haber colaboración ruso-americana co comezo das misións Shuttle-Mir, e de novo houbo unha ensamblaxe entre unha nave americana e un aparello ruso. Esta cooperación non se volveu interromper ata o presente, participando ambas na Estación Espacial Internacional (ISS, siglas en inglés) xunto coa ESA e outras axencias. A notar que foron naves rusas as que mantiveron en servizo a ISS a continuación do desastre da Columbia.

Cun custo de cen mil millóns de dólares, foi dificultoso para a NASA xustificar a ISS. A poboación estaba impresionada cos detalles científicos anteriores, pero nos novos tempos prefire outro tipo de noticias sobre grandes proxectos en lugares exóticos. Ninguén quer escoitar falar da ISS como a primeira instalación humana científica no espazo, e aínda hoxe non pode albergar a varios científicos como foi planeado, especialmente co uso da lanzadeira fóra de cuestión ata marzo de 2005.

Durante parte dos 1990, a NASA encarou cortes anuais de orzamento debido á contención de gastos do Congreso de Washington. En resposta, o noveno administrador da axencia, Daniel S. Goldin, lanzou a campaña "máis rápido, mellor, máis barato" que permitiu á NASA continuar cunha variedade de programas a pesar dos recortes orzamentarios. O método foi criticado e reavaliado tras as perdas xemelgas do Mars Climate Orbiter e o Mars Polar Lander en 1999.

Marte e máis aló[editar | editar a fonte]

Seguramente a misión máis publicitada nos últimos tempos foi a Mars Pathfinder, lanzada no 1997. Os xornais de todo o mundo difundiron imaxes da saída do rover Sojourner para explorar a superficie de Marte dun xeito nunca antes feito noutro planeta. Menos difundida foi a misión que abrangue dende 1997 á actualidade (2004) Mars Global Surveyor, misión de tipo orbital. Desde 2001, o orbitador Mars Odyssey procura a evidencia de auga no pasado ou presente marciano e pola actividade volcánica do planeta.

O 14 de xaneiro de 2004, dez días despois da aterraxe da Mars Exploration Rover Spirit, o Presidente George W. Bush anunciou a "Vision for Space Exploration". A humanidade retornará á Lúa cara a 2020, e sentará as bases e recursos potenciais para futuras misións. A lanzadeira espacial será retirada en 2010 e o Crew Exploration Vehicle será reemprazado cara o 2014, capaces ambos de seren ensamblados á ISS e deixar a órbita terrestre. O futuro da ISS é incerto; a construción será completada, pero non se sabe máis. Os Centennial Challenges, premios tecnolóxicos para equipos non governamentais, foron establecidos no 2004.

Florida, USA, collida desde a misión da Lanzadeira Espacial da NASA STS-95 o 31 de outubro de 1998.

Misións espaciais da NASA[editar | editar a fonte]

Tripuladas[editar | editar a fonte]

Non tripuladas[editar | editar a fonte]

Lista de administradores da NASA[editar | editar a fonte]

  1. T. Keith Glennan (1958-1961)
  2. James E. Webb (1961-1968)
  3. Thomas O. Paine (1969-1970)
  4. James C. Fletcher (1971-1977)
  5. Robert A. Frosch (1977-1981)
  6. James M. Beggs (1981-1985)
  7. James C. Fletcher (1986-1989)
  8. Richard H. Truly (1989-1992)
  9. Daniel S. Goldin (1992-2001)
  10. Sean O'Keefe (2001–2005)
  11. Michael D. Griffin (2005–)

Instalacións[editar | editar a fonte]

Ademais do cuartel xeral en Washington D.C., a NASA ten as seguintes instalacións:

Premios e condecoracións[editar | editar a fonte]

As actuais medallas outorgadas pola NASA son as seguintes:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: NASA

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Investigacións na NASA[editar | editar a fonte]