Montaña
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Montaña (homónimos).
Montaña en Alasca.
Unha montaña é un accidente xeográfico, unha elevación sobre o terreo lindeiro formada normalmente a partir de sinclinais e erosión. A unha secuencia de montañas chámase cordilleira. Unha montaña ten unha altitude bastante superior a un outeiro, aínda que non exista unha altitude específica para esa diferenciación. Así, cada autoridade no asunto asume valores convenientes, aínda que a montaña sexa tipicamente escarpada, de grande inclinación e con superposición de relevos.
A superficie do planeta Terra é nun 24 % montañosa; o 10 % da poboación mundial vive en terreo montañoso. Todos os ríos nacen en montañas, o que torna máis de metade da humanidade dependente das montañas por seren responsábeis da auga fluvial.
Montañas máis altas [editar]
Por continentes:
- África: Kilimanjaro (5.895 m)
- América: Aconcagua (6.959 m)
- Asia: Everest (8.846 m), a máis alta do mundo.
- Europa: Elbrus (5.633 m)
- Oceanía: Jaya (5.029 m)
- Antártida: Monte Vinson (4.897 m).
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
| Os oitomiles |
|---|
| Everest - K2 - Cancheniunga - Lhotse - Macalu - Cho Oiu - Daulaguiri Manaslu - Nanga Parbat - Annapurna I - Gasherbrum I - K3 - Gasherbrum II - Xixapangma |