Amapá
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
|
|||
| Capital poboación (ano) |
Macapá 355 408 habitantes (2005) |
||
| Área | 143.453,7 km² | ||
| Poboación Densidade de poboación |
597 587 (2005) 3,34/km² |
||
| Fuso horario | GMT-3 (mesma hora de Brasilia) |
||
| Gobernador | Waldez Góis | ||
| Mapa do Brasil co estado | |||
|---|---|---|---|
O Amapá é un estado brasileiro situado na Rexión Norte. Ten como límites ó este o Océano Atlántico, ó sureste, sur e suroeste o estado do Pará, ó oeste o Suriname e a noroeste a Güiana Francesa. Non é un estado moi montañoso: en xeral as altitudes son inferiores ós 300 m.
Ata 1988 era un territorio do Brasil, co poucos representantes no Congreso Nacional, e que non elexía o seu gobernador. En 5 de outubro daquele ano, coa entrada en vigor da actual constitución brasileira, tornouse estado.
Economía [editar]
A súa economía é incipiente, co pouca participación no PIB nacional. Ten como principais produtos a castaña do brasil, a madeira e o minerio de manganeso. O estado compra a maior parte dos xéneros que consome do veciño estado do Pará.